ALCALDÍA E ACCIÓN CULTURAL
Máis de 200 filmes na 30ª edición de Cineuropa
O festival de cine Cineuropa celebra neste 2016 a súa 30ª edición do 8 ao 27 de novembro. Nela, poderemos ver un total de 213 filmes, dos cales 30 competirán na Sección Oficial polo Premio do Público. Cineuropa foi presentado esta mañá polo alcalde da cidade, Martiño Noriega; a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o director de Aagadic, Jacobo Sutil; e o director do festival, José Luis Losa. Este ano, ademais, o festival entregará tres Premios: un especial ao cineasta Carlos Saura.../em>
ALCALDÍA
Martiño Noriega intervirá en Madrid no Encontro de Cidades pola Auga Pública
O alcalde de Santiago participará mañá en Madrid no Encontro de Cidades pola Auga Pública, que organizan conxuntamente o Concello de Madrid e a Rede Auga Pública, RAP, integrada por ducias de plataformas e organizacións sociais, ambientais, sindicais e políticas de todo o Estado.
TURISMO
Santiago participa nun encontro internacional de cidades sobre a xestión do turismo urbano
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participa este xoves 3 e venres 4 de novembro no I Encontro de cidades sobre "Gobernanza do Turismo Urbano: Aluguer vacacional". Mañá formará, a partir das 11:15 horas, formará parte dunha mesa redonda, con cidades como Barcelona ou Amsterdam, na que se reflexionará sobre o impacto do turismo no territorio.
FACENDA E ESPAZOS CIDADÁNS
María Rozas e Jorge Duarte asisten ao Pleno da Rede de Iniciativas Urbanas
A concelleira de Facenda, María Rozas, e o edil de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, asisten hoxe e mañá en Madrid ao VI Pleno da Rede de Iniciativas Urbanas. Trátase do foro no que os Ministerios de Facenda e Administracións Públicas e Fomento deben aclarar os pasos a seguir por parte dos Concellos seleccionados para recibiren fondos europeos no marco da convocatoria EDUSI. Santiago percibirá dez millóns de euros.
ESPAZOS CIDADÁNS
Mañá abre ao tráfico o último tramo de Xeneral Pardiñas
O último tramo da rúa Xeneral Pardiñas (entre República do Salvador e Senra) abrirá este venres ao longo da mañá ao tráfico rodado, unha vez rematadas as obras na intersección de Xeneral Pardiñas e Montero Ríos.
FACENDA E MOCIDADE
O domingo remata o prazo para votar os orzamentos participativos de Mocidade
Este domingo, 6 de novembro, péchase o prazo para votar os orzamentos participativos Compostela Decide de Mocidade. Tras a exitosa experiencia do ano pasado, o Goberno de Santiago, dentro dos orzamentos participativos para este ano, pon a disposición 100.000 euros para as actividades que máis apoios reciban. Como no caso das propostas de investimentos, para que o voto sexa válido, hai que priorizar 10 ideas de actividades na web de Compostela Decide.