ALCALDÍA
O alcalde preside un pleno infantil con motivo do Día Universal do Neno
Medio cento de escolares de dous centros públicos de Compostela, López Ferreiro e Monte dos Postes, participaron esta mañá dun pleno infantil celebrado no Concello con motivo do Día Internacional dos Dereitos do Neno.
MOCIDADE
O programa "Metamorfose" achegará á mocidade hábitos de uso responsable dos recursos naturais
A concelleira de Mocidade, Noa Morales, acompañada de Diego Vázquez, do colectivo Barriopía, e de Bea Miranda, de Feitoría Verde, presentou esta mañá o programa de actividades Metamorfose: Mudando Hábitos, unha das propostas máis votadas no marco do proceso de orzamentos participativos do 2015.
ACCIÓN CULTURAL
Chema Prado recibe o Premio Cineuropa por unha vida de entrega ao cine
Este venres é o día escollido para entregarlle o Premio Cineuropa a Chema Prado, quen fora director da Filmoteca Nacional, por unha vida entregada á preservación do cine. A programación desta xornada tame´n inclúe o tradicional maratón e unha sesión especial en apoio á campaña En negro contra a violencia, coa proxección de filmes que abordan a problemática da violencia machista.
TURISMO
Santiago roza as 150.000 pernoctacións en outubro, cun crecemento do 13,16%
O número de pernoctacións nos establecementos hoteleiros de Santiago continúa a manterse nos niveis de récord que se alcanzaron no Ano Santo 2010, segundo os datos do INE. No mes de outubro contabilizáronse 148.928 pernoctacións totais, cun aumento do 13,16% respecto de outubro do ano pasado.
TURISMO
Santiago(é)tapas acolle as tapas gañadoras dos concursos dos concellos de Área Santiago
Os gañadores dos concursos de tapas e outros eventos gastronómicos dos Concellos que forman parte do grupo Área Santiago participarán de novo en Santiago(é)tapas, que se celebra ata o 4 de decembro, cociñando por un día en locais de Compostela que participan nesta edición do certame. Esta actividade enmárcase no Plan de Acción 2016 do Grupo Área Santiago e conta coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia.
CONVIVENCIA
A Policía Local realiza prácticas de autonomía urbana e educación viaria con Down Compostela
O Departamento de Educación Viaria da Policía Local realizará mañá unha xornada de prácticas de autonomía urbana e educación viaria en colaboración con Down Compostela. Na actividade participarán preto de 40 usuarios e usuarias da área de vida adulta da Fundación.
ACCIÓN CULTURAL
Zoar presenta tres programas de venres a domingo dentro das Xornadas de Música Contemporánea
O conxunto de cámara Zoar presenta esta fin de semana tres programas diferentes dentro das Xornadas de Música Contemporánea. Mañá venres, ás 20:30 horas, teremos SH4K3SP34R3; sábado, tamén ás 20:30 horas, escoitaremos C3RV4NT3S; e domingo, neste caso ás 12:00 horas, será Juego de ladrones. Todos os concertos serán no CGAC e con entrada libre ata completar aforo. A clausura das Xornadas terá lugar o vindeiro xoves, 1 de decembro, coa Real Filharmonía de Galicia, dirixida.../em>