DEPORTES

Ábrese o prazo de solicitude de subvencións aos clubs deportivos federados

22/08/2014

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicaba onte xoves as bases da convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado correspondentes ao exercicio 2014. Ábrese así dende hoxe e por un prazo de 20 días naturais (ata o 10 de setembro) o prazo de presentación de solicitudes para unha convocatoria á que o Concello destina un total de 200.000 euros.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Santiago contará cun novo estacionamento disuasorio baixo o viaduto de Cornes

22/08/2014

A Xunta de Goberno Local aprobou a modificación urbanística que permitirá avanzar na tramitación dun novo estacionamento disuasorio baixo o viaduto de ferrocarril da zona de Cornes – Pontepedriña. O alcalde, Agustín Hernández, anunciou que este aparcadoiro, que xa se vén utilizando de facto por moitos condutores malia a súa falta de acondicionamento, ofrecerá máis de 200 prazas en superficie para vehículos lixeiros e motocicletas.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Máis de 500.000 euros para a reforma do campo de fútbol situado a carón do Psiquiátrico de Conxo

22/08/2014

O Goberno local aprobou a reforma do campo de fútbol situado a carón do Psiquiátrico de Conxo. A principal intervención nesta área deportiva será a substitución do campo de terra actual por outro de herba artificial. A obra suporá un investimento de 367.000 euros, dos que 200.000 serán achegados pola Deputación Provincial e os 167.000 restantes polo Concello. Esta actuación completarase con outra complementaria por 120.000 euros.

Leer más

TURISMO

As pernoctacións nos hoteis de Santiago creceron un 7,53% en xullo

22/08/2014

O INE contabilizou no mes de xullo en Santiago 131.548 pernoctacións nos hoteis de Santiago, 9.212 máis que no mesmo mes de 2013, o que representa un crecemento do 7,53%. O aumento de pernoctacións pode considerarse un bo dato para Santiago, especialmente comparándoo co descenso dun 0,2% que tivo a media española no mesmo mes.

Leer más
Compartir: