CULTURA

Sergei Malov e Florian Birsak presentan "Vivaldi e a familia Bach" no Via Stellae

09/07/2014

O violoncello da spalla será un dos protagonistas do programa deste xoves 11 no Via Stelllae: violín, viola, viola da gamba, violoncello… unha moi ampla familia de instrumentos coa que explorar cores, sonoridades, recursos estilísticos e expresivos xunto ao ruso Sergey Malov. Vivaldi e a familia Bach –Johann Sebastian e o seu fillo Carl Philipp Emanuel, de quen conmemoramos o seu tricentenario– é o nome do programa que nos brinda a súa música, as súas fermosas sonatas e suites… A partir das 20:30 horas na capela da...

Leer más

ALCALDÍA

Agustín Hernández asume a portavocía dun novo Goberno municipal cohesionado e con nove áreas de xestión

09/07/2014

O alcalde compostelán, presentou a distribución por áreas do seu novo equipo de Goberno. Agustín Hernández asume a portavocía dun Goberno municipal composto por nove concellerías: Economía, Facenda, Réxime Interior e Administración Pública, Desenvolvemento Urbano Sostible, Seguridade e Mobilidade, Servizos Sociais, Relacións Veciñais e Medio Rural, Cultura e Patrimonio e Relacións Institucionais.

Leer más

CONSORCIO

O Museo das Peregrinacións e de Santiago acolle unha mostra conmemorativa dos 75 anos do Exército do Aire

09/07/2014

Inaugurouse no Museo das Peregrinacións e de Santiago a exposición que conmemora os 75 anos do Exército do Aire. Trátase dunha mostra itinerante organizada polo Servizo Histórico e Cultural do Exército do Aire. En Santiago permanecerá ata o día 16 deste mes de xullo. Ao acto de inauguración asistiu o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, quen salientou que esta exposición axuda a dar visibilidade ao labor das Forzas Armadas.

Leer más
Compartir: