DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

Santiago cederá espazos públicos para os edificios gañadores do curso Prototipolab

05/06/2014

A concelleira Reyes Leis presentou esta mañá en rolda de prensa a III edición do curso Prototipolab, unha actividade de formación que ten como obxetivo a construción de prototipos de mobiliario urbano orientados cara a autosuficiencia enerxética, desenvolvidos integramente en madeira e que terán a posibilidade de ser expostos nos espazos urbanos da cidade compostelá.

Leer más

ALCALDÍA

O Pazo de Raxoi recibe á delegación francesa do Concello de Vannes

05/06/2014

Encabezada pola tenente de alcalde, Latifa Bakhtous, está mañá o alcalde Ángel Currás e a concelleira Reyes Leis, recibiron aos representantes do Concello de Vannes da Bretaña francesa que se atopan en Santiago para presentar as conclusións do proxecto educativo Comenius Regio, que pretende fomentar os intercambios escolares entre Galicia e a rexión francesa.

Leer más

CULTURA

Berrogüetto despídese do seu público de Santiago cun concerto este domingo dentro do ciclo Sons’14

05/06/2014

Este domingo 8 de xuño no Auditorio de Galicia ás 20.30h terá lugar o segundo concerto da xira de despedida de Berrogüetto, Unha luz que non se apaga. Trátase da despedida do grupo co público de Santiago nunha cita enmarcada dentro do ciclo Sons’14. As entradas están á venta no despacho de billetes do Teatro Principal, en entradas.novagaliciabanco.es ou no 902 434 443 a un prezo de 15 euros (anticipada) e 18 euros o día do concerto. O propio domingo poderán mercarse entradas tamén no Auditorio de Galicia desde as...

Leer más
Compartir: