TURISMO

Dezaoito xornalistas e bloggers coñecerán os atractivos de Área Santiago

07/02/2014

Área Santiago, en colaboración con Turismo de Galicia, organiza unha viaxe de xornalistas e bloggers de turismo que ten un dobre obxectivo: dar a coñecer os atractivos de Área Santiago e promocionar o Entroido dos Xenerais da Ulla, que este ano estrea a súa declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia e que se celebra en sete concellos que pertencen a Área Santiago.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Actividades de inmersión lingüística no marco do Programa de Voluntariado Europeo nos centros socioculturais

07/02/2014

A Concellería de Centros Socioculturais, continuando co seu programa de accións de achegamento ás linguas e culturas e no marco do Programa de Voluntariado Europeo (Erasmus +), realiza durante este curso actividades gratuítas de inmersión lingüística nos centros socioculturais de Fontiñas, Santa Marta, Castiñeiriño e, proximamente, Vite.

Leer más

TURISMO

Santiago de Compostela, no Salon des Vacances de Bruxelas, a feira de turismo máis importante do Benelux

07/02/2014

As Cidades Patrimonio da Humanidade continúan coa posta en marcha das accións de promoción previstas no Plan Operativo 2014, presentado pola Comisión de Turismo do Grupo o pasado 13 de xaneiro. Como nova campaña internacional para a captación de viaxeiros, o Grupo está presente do 6 ao 10 de febreiro en Bélxica presentando os seus destinos no Salon des Vacances de Bruxelas. A Santiago de Compostela resúltalle especialmente estratéxica esta presenza na capital belga, xa que, dende o 3 de maio, a cidade estará unida...

Leer más

CULTURA

Nick Waterhouse, arranque de luxo para unha nova edición do ciclo Galicia Importa, o primeiro en colaboración co Compostela Rock

07/02/2014

Unha das sensacións do actual revival soul, Nick Waterhouse, estrearase en Galicia o próximo 27 de marzo na Sala Capitol de Santiago de Compostela. Faino dentro do Ciclo Galicia Importa, que arranca con este concerto unha colaboración con Compostela Rock para continuar coa súa programación en Santiago. As entradas xa están á venda a un prezo de 16 € + gastos a través de Ticketea.com, a web de Servinova, o teléfono 902 504 500, A Reixa Tenda e o despacho de billetes do Teatro Principal.

Leer más

CULTURA

Luma Gómez ofrece de novo "A tixola polo mango (Muller, non é para tanto)" dentro do ciclo Falabaratos

07/02/2014

Luma Gómez presenta de novo, tras a función do sábado pasado, o monólogo A tixola polo mango (Muller, non é para tanto) dentro do ciclo Falabaratos. Dirixida por Eduardo Alonso, estará este sábado 8 de febreiro, a partir das 20:00 horas, na Sala Agustín Magán (CSC de Santa Marta). As entradas, a 6 euros, poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas) ou o mesmo día do evento no CSC Santa Marta dende as 18:00 horas.

Leer más
Compartir: