SEGURIDADE CIDADÁ E BRIGADA

O temporal de choiva e vento do martes saldouse sen apenas incidencias

05/02/2014

A concelleira de Tráfico e Seguridade Cidadá en funcións, Cecilia Sierra, e o edil responsable da Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, compareceron en rolda de prensa para informar das incidencias con motivo do temporal de choiva e vento deste martes. Sen apenas incidencias pechouse unha xornada na que unha vez máis se activou o operativo de emerxencias integrado por Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, Brigada de Vías e Obras e as concesionarias Urbaser e Viaqua.

Leer más

DESENVOLVEMENTO URBANO E SOSTIBLE

A Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible estrea unha web con vocación de transparencia e de proximidade ao cidadán

05/02/2014

A concelleira responsable de Desenvolvemento Urbano e Sostible, María Pardo, presentou a nova web desta área, dus.santiagodecompostela.gal, que recolle toda a información relativa aos diferentes departamentos que aglutina. En palabras da edil, esta web nace cunha vocación de transparencia, servizo, eficacia e achegamento ao cidadán.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio intervirá na recuperación e rehabilitación do patrimonio cun orzamento global de algo máis de medio millón de euros

05/02/2014

O Consorcio de Santiago celebrou a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde e presidente do Consorcio, Ángel Currás. Entre os temas abordados destaca a aprobación da convocatoria de subvencións e do Programa de Monumentos para este ano, e as bases que regulan o acceso ao Curso Avanzado de Especialización Orquestral para o curso académico 2014-2015.

Leer más
Compartir: