REHABILITACIÓN

A antigo curtidoiro de Belvís servirá para por en valor os parques e xardíns da cidade

07/01/2014

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, asinou a recepción das obras de rehabilitación do inmoble que será destinado Centro de Interpretación de Parques e Xardíns no parque de Belvís. O antigo curtidoiro, que foi totalmente rehabilitado, converterase así nun espazo público destinado a por en valor as zonas verdes da cidade. Este proxecto está incluído no programa Urbana Santiago Norte e foi executado por un importe de 210.000 euros.

Leer más
Compartir: