MOBILIDADE

Mobilidade estudará posibles melloras no servizo de transporte urbano aos polígonos do Tambre e Costa Vella

09/09/2013

Este luns, 9 de setembro, produciuse o cambio aos horarios de inverno no transporte urbano. A nova temporada non contempla cambios substanciais con respecto ao inverno pasado, agás os levados a cabo no presente ano, coa adecuación da nova liña P6 ao polígono do Tambre. Así o explicou en rolda de prensa o concelleiro de Mobilidade, Luis Bello, acompañado polo xerente da Empresa Municipal de Xestión do Transporte Urbano en Santiago (TUSSA), José Ramón Mosquera.

Leer más

BENESTAR SOCIAL

O Concello pon en marcha unha campaña destinada á hostalería co obxectivo de reducir o consumo de alcohol entre os mozos

09/09/2013

A concelleira de Benestar Social, María Castelao, presentou en rolda de prensa unha serie de accións dirixidas ao sector hostaleiro co obxectivo de reducir o consumo abusivo de alcohol entre os mozos e mozas. Estas actuacións, baixo o título Que che apetece? Santiago Sen retoman as liñas do Plan de Acción Local para Prevención das Drogodependencias.

Leer más
Compartir: