COMERCIO

Xornadas de portas abertas na pista de xeo

23/12/2013

O Concello fai posible a celebración de varias xornadas de portas abertas na pista de xeo da Alameda, co fin de que todos os composteláns poidan gozar desta actividade durante o Nadal. Así, a pista será de acceso libre durante todo o día nas xornadas do 31 de decembro e do 1 e 13 de xaneiro. Tamén serán de portas abertas as mañás dos días 25 de decembro e 6 de xaneiro.

Leer más

MEDIO RURAL

O Concello acometerá o asfaltado de 37 pistas en 17 parroquias do rural

23/12/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, anunciou unha nova fase de obras no rural. Trátase dun investimento de máis de 700.000 euros en obras de asfaltado en 37 pistas de 17 parroquias, ás que se unen outras tamén de mellora da calzada na Barciela, Verdía e Conxo, e unha de substitución da rede de abastecemento de Bornais. Acompañaron ao rexedor nesta rolda de prensa os concelleiros de Urbanismo, María Pardo, e os concelleiros encargados do seguimento do Medio Rural, Luis Meijide e José Rosende.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Curso sobre coidado de persoas maiores no Local Sociocultural da Gracia

23/12/2013

A Concellería de Centros Socioculturais organiza, en colaboración coa Cruz Vermella de Santiago, un curso dirixido a mellorar as habilidades dos coidadores de persoas maiores no fogar. As sesións formativas desenvolveranse no Local Sociocultural da Gracia os mércores 29 de xaneiro e 5, 12 e 19 de febreiro, en horario de 19:00 a 21:00 horas.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúan as actividades de "Vive o Nadal"

23/12/2013

Este luns 23 de decembro celebrouse a primeira xornada do programa de tempo libre matinal Mañás de Nadal nos centros socioculturais de Conxo, Santa Marta, A Gracia e Figueiras, no que participan 82 rapaces, que gozarán dun variado programa de actividades durante as vacacións de Nadal.

Leer más

CULTURA

Caramuxo Teatro presenta "Mensaxe sen botella" no Principal

23/12/2013

Unha nova cita de teatro para público infantil e familiar animará estas datas de Nadal. A compañía Caramuxo Teatro fará as delicias dos máis pequenos cunha obra recomendada para nenos a partir dos 5 anos, Mensaxe sen botella. O espectáculo representarase o xoves 26 de decembro, ás 18:30 horas, no Teatro Principal.

Leer más
Compartir: