EDUCACIÓN

Continúa aberta a inscrición no programa de conciliación de Nadal promovido pola Concellería de Educación

17/12/2013

Continúa aberto durante uns días máis o prazo de inscrición no programa de conciliación familiar e laboral para este Nadal 2013. A iniciativa comprenderá un conxunto de actividades educativas, deportivas e de lecer que se desenvolverán nos CEIP Pío XII e As Fontiñas, dirixidas aos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. O programa realizarase do 23 de decembro ao 8 de xaneiro, coa excepción dos días 25 de decembro e 1 de xaneiro.

Leer más

RELACIÓNS VECIÑAIS

O Consello de Relacións Veciñais renova os seus membros para os vindeiros catro anos

17/12/2013

A Concellería de Relacións Veciñais, unha vez concluído o prazo de 5 días hábiles sen que se presentará ningunha reclamación á lista provisional de candidatos electos, fixo pública a lista definitiva de integrantes veciñais do Consello de Relacións Veciñais. Agora só queda o nomeamento oficial por parte da Corporación municipal.

Leer más

ALCALDÍA

"As beiras da Ulla" e "Traxe do Barbanza" gañan o XIX Premio de Investigación Antonio Fraguas sobre o Traxe Galego

17/12/2013

Os gañadores da XIX edición do Premio de Investigación Antonio Fraguas sobre o Traxe Galego -Lucía Miramontes Liñares (traballo descritivo) e Xosé María Cebeiro Fernández e Xosé Francisco Noia Souto (traballo analítico)- recibiron os seus galardóns nun acto celebrado no Salón Nobre de Raxoi e presidido polo alcalde, Ángel Currás. Este certame, convocado pola Asociación do Traxe Galego coa colaboración do Concello e do Centro Comercial Compostela, premiou un ano máis os...

Leer más

ALCALDÍA

Presentación do libro "Rocha Forte"

17/12/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Urbanismo, María Pardo, asistiron no Centro Sociocultural da Rocha á presentación do libro Rocha Forte, xunto coa Asociación Cultural Rocha Forte. Tamén participaron o arqueólogo e un dos autores do libro, José Suárez; Andrea López, de A Navalla Suíza; e Manuel del Río, de Cenlitrosmetrocadrado, empresas encargadas do deseño e maquetación da publicación.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS E TRÁFICO

Charlas da Policía Local para persoas maiores do rural compostelán

17/12/2013

A colaboración entre as concellerías de Tráfico e Seguridade Cidadá e de Centros Socioculturais e Participación Cidada fixo posible a celebración de dúas charlas impartidas por axentes da Policía Local nos locais socioculturais de Marantes e de Figueiras. Levaban por título "Mira que te miren" e estaban dirixidas a persoas maiores, cunha orientación educativa para a prevención dos riscos que supón andar polas beirarrúas e beiravías en zonas rurais. Os concelleiros Francisco Noya e Luis...

Leer más
Compartir: