DEPORTES

O mellor do ciclocross galego reúnese un ano máis na Granxa do Xesto

20/11/2013

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o XII Trofeo de Ciclocross Cidade de Santiago, que se celebrara o domingo 24 de novembro, a partir das 10:30 horas, no entorno da Granxa do Xesto, nas categorías elite, sub-19, master 30, 40 e 50, júnior, cadete, féminas e sénior. Esta é a única proba de categoría nacional nesta modalidade no calendario desta temporada en Galicia. A organización corre a cargo do Club Ciclista Muebles Compostela, coa colaboración do Concello de Santiago e da Federación Galega de...

Leer más

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O Auditorio acolle unha función do espectáculo infantil de dinamización lingüística "Acuario"

20/11/2013

A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañados pola escritora María Canosa e polo responsable de Edicións Embora (empresa xestora da actividade), Miguel Toval, presentaron o espectáculo de dinamización lingüística Acuario, incluído no programa FalaRedes 2013. Esta proposta chega a Santiago o domingo 24, cunha función de balde ás 12:00 horas na Sala Mozart do...

Leer más

TURISMO

Santiago volverá a ter conexión aérea con Roma durante o verán

20/11/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, anunciaron a apertura dunha nova conexión internacional en Lavacolla, co aeroporto de Fuimicino, en Roma. Dende o 21 de xuño e ata o 12 de setembro, Vueling operará este voo con dúas frecuencias semanais.

Leer más

CULTURA

"The broken circle breakdown (Alabama Monroe)", candidata aos premios Lux, chega a Cineuropa

20/11/2013

Na xornada do xoves 20 poderemos ver en Cineuropa un total de 16 filmes, entre os que destacamos o primeiro pase de The broken circle breakdowm (Alabama Monroe), de Groeningen, nomeada aos premios Lux e dos que falaremos ao remate da súa proxección. Teremos novos pases do filme o venres 22 e o sábado 23. Ademais, tamén veremos por primeira vez L’image manquante, de Panh, e, por vez última, La Jalousie, de Garrel; Les destinées sentimentales, de Assayas, e Seven days in may, de Frankenheimer.

Leer más
Compartir: