URBANISMO

A concelleiras de Urbanismo e de Benestar Social explicaron a experiencia compostelá en accesibilidade nos espazos públicos

13/11/2013

As concelleiras de Urbanismo, María Pardo, e de Benestar Social, María Castelao, asistiron á inauguración do curso técnico sobre "Accesibilidade universal aplicada", organizado polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia e que se celebra na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Nas súas intervencións, as concelleiras explicaron a experiencia municipal en accesibilidade nos espazos públicos.

Leer más

CONSORCIO

A nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago recibe o premio da XII Bienal Española de Arquitectura

13/11/2013

A rehabilitación do antigo Banco de España como sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago foi galardoada na última edición da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, correspondente ao bienio 2011-2012. Os premios entréganse este xoves, 14 de novembro, no Centro de Creación Contemporánea "Matadero" de Madrid, ás 18:30 horas. Coincidindo coa entrega dos galardóns, inaugurarase unha exposición itinerante con todas as obras premiadas. O certame é unha iniciativa do Ministerio de Fomento,...

Leer más

CULTURA

Funboa Escénica propón outras catro funcións de "Sigue buscando"

13/11/2013

Despois das catro funcións da semana pasada, teremos outras catro de Sigue buscando con Funboa Escénica. Será dende este xoves e ata o domingo 17 ás 20:30 horas, a excepción do domingo, que é ás 19:30 horas. O prezo para as funcións é de 8 euros, a excepción do xoves, día do espectador, que é a 6 euros. As entradas poden mercarse na billeteira do Teatro Principal e na propia Zona C os días de evento.

Leer más

CULTURA

Coque Malla presenta o seu novo disco, "Mujeres", dentro do ciclo Íntimo & Acústico e de Cineuropa Concerto

13/11/2013

Este xoves 14, nova cita co ciclo Íntimo & Acústico da man de Coque Malla, que chega a Compostela para presentar o seu novo traballo, Mujeres. Será ás 21:00 horas na Sala Capitol, nun evento que se enmarca tamén dentro de Cineuropa Concerto. As entradas, a 15 euros (18 o propio día do concerto) poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, en Ticketmaster, A Reixa Tenda e salacapitol.com.

Leer más

CULTURA

"Unha familia de Tokio", Espiga de Ouro en Valladolid, incorpórase a Cineuropa

13/11/2013

Incorpórase un novo filme a Cineuropa, Unha familia de Tokio, gañador da Espiga de Ouro de Valladolid. Poderá verse este xoves, ás 23:15 horas, no Salón Teatro, e de novo os días 17 e 18. Este filme vén substituír no calendario a Enemy, de Denís Villeneuve, que caeu do cartel por problemas coa xeración da copia dixital. Dende a organización laméntase que non se poida ver Enemy e pídense desculpas polas molestias causadas.

Leer más

ALCALDÍA

Reunión de traballo entre Concello, Cámara de Comercio e Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre

13/11/2013

O alcalde de Santiago, Ángel Currás, xunto coas concelleiras de Turismo, Reyes Leis; Facenda, Cecilia Sierra; e Urbanismo, María Pardo, mantiveron hoxe no Pazo de Raxoi unha reunión de traballo co presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey e co presidente da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, Jesús Chenel, na que analizaron as principais demandas e necesidades destes colectivos, co fin de afincar as liñas de colaboración cara o futuro.

Leer más
Compartir: