CULTURA

Teatro & Danza comeza temporada con "Imprudentemente deseé" e "[Retro]visor"

07/10/2013

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou as obras que abren o ciclo Teatro & Danza para esta última parte do ano, acompañado de Pedro Fresneda e Jorge Rúa, director de Teatro Ensalle e actor de Imprudentemente deseé, e Antía Otero e Isaac Garabatos, que porán en escena (Retro)visor.

Leer más

COMERCIO

Aberto ata este mércores o prazo de inscrición no programa "Estrea Estilo!"

07/10/2013

A Concellería de Comercio ampliou ata as 14:00 horas deste mércores, 9 de outubro, o prazo para inscribirse no programa de dinamización comercial Estrea Estilo!. Nesta xornada, o pequeno comercio compostelán poderá presentar, exhibir e vender as novas coleccións outono inverno 2013-2014 en diversos espazos do Hotel Araguaney. O evento celebrarase o sábado 19 de outubro, de 10:00 a 15:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

Leer más
Compartir: