CULTURA

Catorce propostas escénicas para pechar o ano no ciclo Teatro & Danza

02/10/2013

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou a programación do ciclo Teatro & Danza para esta última parte do ano. En total son 41 funcións dun total de 14 propostas teatrais que poderemos ver en diversas salas xa coñecidas como o Auditorio de Galicia, o Teatro Principal e a Zona C, ás que agora se engade o novo espazo teatral da cidade, a Sala Agustín Magán en Santa Marta. A proposta inclúe unha aposta polo teatro galego en colaboración coa Rede Galega de Teatros e Auditorios...

Leer más

URBANISMO

O Concello inicia a contratación de obras por máis dun millón de euros na Almáciga e en varias rúas do Ensanche

02/10/2013

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, comunicou a aprobación en Xunta de Goberno da apertura do procedemento para contratar tres obras máis de mellora da mobilidade na Almáciga, incluídas no programa Urbana Santiago Norte. Tamén se abriu o expediente para adxudicar novas obras de renovación de firmes e beirarrúas no Ensanche. Todas estas actuacións suman investimentos por máis dun millón de euros.

Leer más

EMPREGO

O paro en setembro logra o segundo mellor dato neste mes dende o comezo da crise

02/10/2013

O número de persoas rexistradas en Santiago no paro durante o mes de setembro aumentou en 30 persoas con respecto a agosto, un 0,35%, sendo a segunda mellor cifra neste mes dende o comezo da crise económica no ano 2008. Neste período de crise económica, setembro foi un mes no que se produciu un aumento considerable no número de persoas rexistradas no paro en Santiago, fundamentalmente polo descenso na actividade turística na cidade. Dende o ano 2008 non descendeu o paro en ningunha ocasión. Incluso houbo un considerable aumento no 2010, malia a...

Leer más

XUVENTUDE

Aberto o prazo de inscrición no I Certame de Creación IMAXINART 2013

02/10/2013

A Concellería de Xuventude convoca o I Certame de Creación IMAXINART 2013 co obxectivo de promover e premiar a creatividade dos mozos e mozas creadores de Compostela de entre 16 e 30 anos, empadroados en Santiago de Compostela ou que estean realizando os seus estudos nun centro educativo deste municipio. A finalidade deste concurso é a creación da imaxe corporativa que se vai empregar nos materiais publicitarios das diferentes iniciativas, programas e actividades desenvolvidas por este departamento municipal.

Leer más
Compartir: