REHABILITACIÓN

Iniciada a redacción do Plan Especial do Parque Arqueolóxico da Rocha

29/08/2012

Os orzamentos do Estado para 2012 consignan unha subvención ao Concello de Santiago para o acondicionamento e valorización o Castelo de "A Rocha Forte", por importe dun millón de euros. Agora acaba de iniciarse a tramitación e redacción o Plan Especial do Parque Arqueolóxico da Rocha.

Leer más

DEPORTES

Santiago de Compostela volve ser saída da Volta a España 27 anos despois

29/08/2012

O alcalde compostelán, Ángel Currás; o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentaron a décimo terceira etapa da Volta a España, que sairá de Santiago o venres 31 con destino a Ferrol. Esta será a décima ocasión na que a proba ciclista terá chegada ou saída na cidade o longo da súa historia. A última vez que Santiago acolleu un inicio de etapa foi en 1985.

Leer más

EMPREGO

A Axencia Local de Colocación pon a disposición dos empresarios a información relativa aos incentivos á contratación

29/08/2012

A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, e a directora xeral de Promoción do Emprego, Amparo González, presentaron os dípticos informativos nos que se establecen os requisitos para que os empresarios poidan solicitar os programas de axudas á contratación postos en marcha pola Consellería de Traballo e Benestar. O acto celebrouse na sede da Confederación de Empresarios de Galicia.

Leer más
Compartir: