CULTURA

Berrogüetto chega coa súa "Xira de andar por casa" ao ciclo Íntimo&Acústico

26/12/2012

Berrogüetto chega ao Teatro Principal coa súa Xira de andar por casa dentro do ciclo Íntimo&Acústico. Será o xoves 27, a partir das 21:00 horas. Con este concerto ofrecen unha recreación semiacústica dos temas máis aclamados da súa discografía. Unha revisitación inzada de intimidade, optimismo, frescura nunha envoltura acústica que busca na audiencia unha sensación o máis próxima posible á que pode experimentar cando escoita música no salón da súa...

Leer más

CULTURA

Tres propostas de teatro para bebés na Zona C dentro da programación cultural do Nadal

26/12/2012

Dentro da programa cultural para este Nadal, dende o Departamento de Cultura organizouse un ciclo especial de teatro para bebés. Nel, Caramuxo Teatro presenta Glub, glub o mércores 2; Zapatos o xoves 3 e Ñam! o venres 4 de xaneiro, na Zona "C". O prezo para cada evento será de 5 euros, cun abono familiar de 4 entradas a 15 euros. Ademais, pode adquirirse un abono individual para os 3 espectáculo por 12 euros ou as 4 entradas para todos os espectáculos por un custe total de 45 euros. As entradas poden mercarse na...

Leer más

ALCALDÍA

O Concello patrocina o partido benéfico do 50º aniversario do Compostela

26/12/2012

O alcalde compostelán, Ángel Currás, entregou o trofeo do Concello de Santiago ao Comité organizador do 50º Aniversario da S.D. Compostela. Esta copa será a que reciba o gañador do partido benéfico que para conmemorar esta efeméride se celebrará o 29 de decembro, ás 16:30 horas, no Estadio de San Lázaro, entre a S.D. Compostela e un combinado de xogadores galegos.

Leer más
Compartir: