CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Rede de Centros Socioculturais programa máis de 140 actividades para a temporada de outono
A concelleira de Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou a programación desta área para os meses de outono. Son máis de 140 actividades, específicas e comúns, a desenvolver polos seis centros cabeceira co obxectivo de "dinamizar os barrios e propiciar a interrelación social".
CULTURA
Remata o prazo de alegacións ao censo provisorio do Consello de Compostela Cultura
O venres 19 de setembro remata o prazo previsto para formular alegacións, solicitudes de cambio de adscrición ou a inclusión no censo do Consello de Compostela Cultura. As alegacións e solicitudes puideron presentarse dende o 9 de setembro, é dicir durante 10 días hábiles, unha vez se fixo público o censo provisorio. Co remate do prazo de alegacións ábrese a fase da conformación do censo definitivo, que se publicará o luns 29 de setembro.