INFRAESTRUTURAS
Os accesos á cidade seguirán o modelo de Mestre Mateo
Os técnicos municipais reuniranse en breve cos equipos redactores dos proxectos de reurbanización das vías de acceso á cidade. Segundo anunciou o concelleiro de Infraestruturas, Bernardino Rama, o obxectivo desta xuntanza será indicarlles que, á marxe das peculiaridades de cada unha das travesías, o modelo a seguir será o da rúa Mestre Mateo.
ALCALDÍA
Frances E. Allen volverá para visitar unha cidade que sente "coma o centro de Europa"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi a Frances Elizabeth Allen, premio Turing 2006 e relatora no programa ConCiencia. A científica asinou no Libro de Ouro da Cidade.
CONSORCIO
Arredor dos temas xacobeos
Co título de En torno a lo Jacobeo, José María Díaz Fernández, deán-presidente do Cabildo da Catedral de Santiago, achéganos un volume recompilatorio de distintos textos que posúen unha unidade de conxunto. A meirande parte deles teñen algunha conexión coa figura do Apóstolo Santiago.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia pon música á unha versión galega da Cinsenta
A Filharmonía colabora coa editorial Galaxia na preparación da edición de tres contos clásicos rescritos por Neira Cruz e acompañados pola música da orquestra dirixida por Maximino Zumalave.
CULTURA
Cineuropa ofrecerá dúas noites temáticas: "A noite de Guy Maddin" e "Bye, Bye, Míster Bush"
O festival Cineuropa, organizado pola Concellería de Cultura, ofrecerá na súa edición de 2008 dúas noites temáticas moi especiais. A primeira estará dedicada á actual transición política que se está a vivir nos Estados Unidos baixo o título de "Bye, bye, Míster Bush". Na segunda o protagonista será o cineasta canadiense Guy Maddin.
TURISMO
Santiago e Tanabe (Xapón) promocionan conxuntamente en Madrid os seus camiños Patrimonio da Humanidade
As cidades de Santiago de Compostela e Tanabe fixeron, na Casa de Galicia en Madrid, unha presentación conxunta dos seus respectivos camiños de peregrinación aos medios de comunicación. Estiveron presentes dúas delegacións de ambas cidades, encabezadas pola concelleira de Turismo de Tanaba, Noriko Tada e o concelleiro de Turismo de Santiago, Xosé Manuel Iglesias. Os integrantes das dúas delegacións ían ataviados con traxes típicos locais.