VÍAS VERDES
Os concellos de Santiago, Oroso e Ordes asinan o protocolo para a xestión da Corredoira Verde a Compostela
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo; o rexedor de Oroso, Manuel Mirás; e o concelleiro de Medio Ambiente de Ordes e primeiro tenente de alcalde deste municipio, Xesús Pedreira, asinaron no Pazo de Raxoi o protocolo para a creación, xestión, explotación e mantemento da Corredoira Verde a Compostela. No acto tamén estiveron presentes os concelleiros de Medio Ambiente de Santiago, Elvira Cienfuegos, e de Oroso, Xosé Pérez.
TURISMO
O Mercado Internacional de Curtametraxes ofrece un catálogo de 2.648 filmes de 93 países
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a III edición do Mercado Internacional de Curtametraxes, que se desenvolve dentro das actividades do Festival de Curtametraxes de Santiago de Compostela. Celebrarase do 20 ao 24 de outubro no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e na Fundación Caixa Galicia.
COMERCIO
A tenda de chocolate Xocoátel gaña a edición de outono do Concurso de Escaparatismo
O xurado do V Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping elixiu á tenda de chocolate Xocoátel como a gañadora da edición de outono do certame. En segundo e terceiro lugar quedaron o estabelecemento de marroquinería Media Lúa e a tenda de comercio xusto Panxea, respectivamente.