URBANISMO
Listo o proxecto de expropiación do último polígono de vivenda protexida previsto no PXOU
A Xunta de Goberno aprobou inicialmente o proxecto de expropiación do SUNP-12 de Lamas de Abade. Trátase do último polígono de vivenda protexida previsto no rematado Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU). O orzamento previsto para executar esta expropiación é de 8.088.018 euros.
MEDIO AMBIENTE
O Concello limpará o contorno dos núcleos rurais con especial risco de incendio
A Xunta de Goberno local adxudicou á empresa CESPA as actuacións do Plan de Prevención de Incendios Forestais, por un importe de 59.375 euros.
PLENO
Aprobada a composición das distintas comisións e organismos municipais
O Pleno extraordinario da Corporación municipal aprobou a composición das diferentes comisións, organismos supramunicipais, organismos autónomos, empresas públicas, sociedades mixtas e consellos sectoriais. Tamén e asignou o persoal e características do persoal eventual e o réxime de dedicacións exclusivas dos membros da Corporación.
URBANISMO
Obras de reparación de actos vandálicos en Belvís
A Xunta de Goberno local aprobou o proxecto de reparación de actos vandálicos na urbanización do SUNP-9 de Belvís, proposto polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, responsable deste solo. A actuación, deseñada polo arquitecto César Portela, abrangue diversas obras para a conservación e mantemento desta urbanización xa executada.
ALCALDÍA
Recepción a unha representación diplomática de Panamá
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao embaixador de Panamá en España, Humberto López Tirone.