ACTO INSTITUCIONAL
Compostela amosou a súa repulsa ao terrorismo
A Praza do Obradoiro acolleu unha concentración silenciosa contra o terrorismo e pola paz. Os cidadáns alí congregados quixeron así amosar a súa repulsa pola atentado acontecido o sábado 30 de decembro no aparcadoiro da Terminal 4 do aeroporto de Madrid-Baraxas.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o proxecto de urbanización do polígono do SUP-3 de Pontepedriña
Trala resolución das alegacións, a Xunta de Goberno local aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do polígono 2 do SUP-3 de Pontepedriña. Cómpre lembra que a actuación neste solo afecta a un total de 5,2 hectáreas, nas que se construirán 412 vivendas.
ALCALDÍA
Recepción ao novo director do Hostal dos Reis Católicos
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao novo director do Hostal dos Reis Católicos, Francisco Contreras Alvarado, recentemente incorporado ao cargo. Na entrevista, ámbolos falaron dos plans de futuro para o parador, tan ligado á historia de Compostela.