CEMITERIOS
Medra a utilización do servizo de incineración en Compostela
A opción da incineración é cada vez máis utilizada polos habitantes de Compostela e do seu contorno. Dende outubro do pasado ano, realizáronse 160 incineracións no crematorio de Boisaca, segundo anunciou a concelleira de Cemiterios, Marta Álvarez-Santullano.
CULTURA
Máis de 120 filmes na vixésima edición de Cineuropa
Un ano máis, Cineuropa non falta á súa cita do mes de novembro. Do 2 ao 30 de novembro, Compostela énchese de cinema grazas a un festival que este ano chega á súa vixésima edición. Proxectaranse máis de 120 filmes, un 50% máis que o pasado ano.
TRANSPORTES
De novo en funcionamento as escaleiras mecánicas da Estación de Autobuses
O martes 31 de outubro comezan a funcionar as novas escaleiras mecánicas da Estación de Autobuses, despois dun longo período de inactividade, motivada pola imposibilidade de reparalas por non existir recambios. No novo mecanismo, facilitará o acceso da dársena á sala de espera e expedición de billetes, investíronse uns 306.000 euros.
ALCALDÍA
O alcalde despide ao xeneral comandante da Rexión Militar pola súa xubilación
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao xeneral comandante da Rexión Militar, Pedro Herguedas Carpio, quen deixa o seu cargo por xubilación. No encontro lembraron a colaboración mantida durante todos estes anos entre ámbalas institucións.