INFRAESTRUTURAS
Aprobado o proxecto de reurbanización da Rúa Valle-Inclán
A Xunta de Goberno local deu o visto bo ao proxecto de urbanización da Rúa Valle Inclán, que inclúe tamén actuacións na Costa de San Domingos e no entronque coa Ruela da Caramoniña. Estas obras, que se lle encomendan ao Consorcio de Santiago, están presupostadas en 840.262 euros e teñen un prazo de execución de 12 meses.
EDUCACIÓN
Un convenio entre o Concello e a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar permitirá a construción de tres novas escolas infantís
O Polígono do Tambre, San Roque e Tras Parlamento contarán con novas escolas infantís (Galescolas) para nenos e nenas de 0 a 3 anos. A construción destes centros educativos será posible grazas un convenio coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar que se asinará en breve.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A rede de centros socioculturais destina 71.000 euros ás súas actividades para os tres últimos meses do ano
O Goberno municipal aprobou o orzamento de gastos e ingresos das actividades da rede sociocultural para outubro, novembro e decembro de 2006. Os gastos serán de 71.000 euros, que permitirán dar continuidade a actividades coma os talleres infantís e de maiores, os ciclos de cine, as accións dos clubs de tempo libre, os festivais de música ou os festivais de músicas e demais actividades lúdicas.
LIMPEZA
O servizo de limpeza da vía pública amplíase a domingos e festivos en novembro e decembro
A raíz das peticións formuladas polos veciños, o Goberno municipal decidiu ampliar o servizo de limpeza da vía pública durante os festivos e domingos dos meses de novembro e decembro. A Xunta de Goberno Local deu o visto bo a esta medida.
MOCIDADE
A Alameda acollerá a carpa do programa "Xuventude, moito que dicir"
Unha carpa de 300 metros cadrados acollerá do 7 ao 27 de novembro a exposición itinerante do programa "Xuventude, moito que dicir", da Fundación La Caixa. Un convenio de colaboración desta entidade co Concello permitirá traer a Compostela esta iniciativa, dirixida a recoñecer e potenciar o papel activo dos mozos e mozas na sociedade.
CULTURA
"Sons da Diversidade" trae as actuacións de Joao Afonso, Richard Bona e Orquestra Árabe de Nazareth
Sons da lusofonía, con Joâo Afonso, da fusión con África e as músicas europeas contemporáneas, con Richard Bona, e a tradición oriental coa Orquestra Árabe de Nazareth. Serán os tres concertos que, ao longo deste outono, pecharán esta cuarta edición de Sons da Diversidade. O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, presentou a programación.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Os responsables do proxecto Equal Compostela Social reúnense en Polonia cos seus socios transnacionais
Os responsables do proxecto Equal Compostela Social veñen de participar en Polonia nunha nova reunión transnacional, na que tiveron ocasión de compartir experiencias e liñas de traballo en común con outros proxectos, tanto da propia Polonia coma de Italia e Grecia. Todos estes proxectos comparten intereses comúns, xa que desenvolven iniciativas encamiñadas á inserción laboral de colectivos con dificultades para introducirse no mundo do traballo. Na viaxe participaron dúas das titoras do proxecto, así como a...
ALCALDÍA
O Concello ratifica o seu compromiso en prol dos enfermos de Alzheimer
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi á presidenta da Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (AGADEA), María Isabel Gey Pérez. A xuntanza serviu para reafirmar o compromiso do Concello santiagués en prol destes enfermos, que xa se concretou hai dez días coa sinatura dun convenio.