EDUCACIÓN
O pedagogo Fernando Palacios dará unha charla sobre como aprender a escoitar música
O acto, que terá lugar no Salón de actos da Escola Municipal de Música de Santiago, o venres 3 de xuño ás 20 horas, está dirixido aos pais e nais, acompañados dos seus fillos, a educadores e a medios de comunicación.
BENESTAR SOCIAL
Racismomatón: unha máquina que analiza os prexuízos racistas en cinco minutos
Un fotomatón cun xogo de ordenador, o Racismomatón, estará dispoñible a partir do xoves, 2 de xuño, e durante 10 días na sede do COIE, no Campus Sur, para todos aqueles que desexen ver as súas actitudes implícitas cara os inmigrantes.
ALCALDÍA
Rapaces do CEIP Raíña Fabiola visitan a Casa do Concello
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a visita duns vinte estudiantes do CEIP Raíña Fabiola.
CULTURA
O Concello asina un convenio de colaboración coa Asociación Novo Circo-Pista Catro
O Concello colaborará con 10.000 euros no desenvolvemento de actividades da Asociación Novo Circo e Cabaré Galega.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Presentan unha guía que recolle o traballo dos colectivos de Fontiñas
O Centro Sociocultural das Fontiñas continúa a celebrar con multitude de actividades lúdicas e formativas a súa IV Semana Cultural. Ata o vindeiro 4 de xuño, rapaces e maiores disfrutarán de baile, música talleres na natureza, obradoiros de abalorios e maxia, entre outras actividades.