INFRAESTRUTURAS
O Ministerio de Fomento investirá 25 millóns de euros na mellora das infraestruturas de Santiago
A desconxestión do tráfico no centro da cidade e no acceso ao Polígono do Tambre, pulmón económico da cidade, son os eixes fundamentais das cinco actuacións nas infraestruturas viarias que abrangue o convenio asinado o mércores 1 de xuño pola Ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, e o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, cun investimento de 25 millóns.
CULTURA
A concellería de Cultura achegará 48.000 euros para o desenvolvemento de actividades na Sala Nasa
A concellería de Cultura vén de asinar un convenio de colaboración coa Nave de Servizos Artísticos-Sala Nasa a través do cal o Concello achegará 48.000 euros co fin de axudar a producir, promover e difundir a cultura e a creación.
EDUCACIÓN
O Consello Municipal de Educación celebrará unha sesión extraordinaria
Á sesión extraordinaria do martes 2 de xuño asistirá o fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela, que expoñerá o "Informe e propostas de actuación arredor das prestacións en beneficio da comunidade que se poden aplicar aos menores infractores consonte á Lei Orgánica 5/2000 de 12 de xaneiro, reguladora da Responsabilidade Penal dos Menores".