MOBILIDADE
Este vindeiro luns entran en vigor os horarios de inverno no transporte urbano
O vindeiro luns, 12 de setembro, comezarán a aplicarse os horarios de inverno no transporte público en Santiago de Compostela. Así o vén de comunicar TUSSA, a empresa municipal de xestión do transporte urbano.
DEREITO Á VIVENDA
O Concello detecta a existencia de 2.800 vivendas susceptibles de participar no Plan de Mobilización de Vivenda Baleira
En Compostela existen 2.800 vivendas susceptibles de formar parte do Plan de Mobilización de Vivenda Baleira no que está traballando a Concellaría de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, co obxectivo de fomentar o alugueiro a prezos accesibles. O edil Jorge Duarte deu conta hoxe dos resultados da primeira fase deste programa, acompañado por Iker San Román, director da Área de Vivenda e Intervención Urbana de SUMAE, e ex director xeral do Servizo Vasco de Vivenda (Etxebide).
CONSORCIO
A mostra "Camilo Otero. Raíces de Compostela" pecharase este martes cun balance de máis de 3.000 visitantes
Baixo o título Camilo Otero. Raíces de Compostela, o Consorcio de Santiago promoveu unha exposición de pezas do polifacético artista compostelán, falecido no ano 2003. A mostra exhíbese na Casa do Cabido, na praza das Praterías, dende principios do mes de xullo. O vindeiro martes é o último día para percorrela. Durante este período visitárona algo máis de 3.000 persoas.
MOBILIDADE
Tussa dá un novo paso cara a municipalización da ORA e do guindastre
O consello de administración de Tussa aprobou hoxe o informe de viabilidade que avala que a sociedade municipal asuma a xestión da ORA e do guindastre. É un novo paso cara a municipalización do servizo, despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulara a actual concesión a Setex Aparqui.
TURISMO
Womex ofrecerá 45 concertos abertos ao público con artistas de 40 países
Dende este mércores xa están á venda as entradas desde para o Womex Quintana Festival, que ofrecerá ao público compostelán e visitante 45 dos 60 concertos que acolle a maior feira do mundo da world music. Durante tres xornadas, poderanse ver seis concertos cada noite ao prezo de 20 euros.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello e as ONG galegas organizan un mes de actividades ao abeiro do programa de sensibilización "Compostela+Solidaria"
O Concello de Santiago e a Coordinadora Galega de ONGD poñen en marcha a partir do 17 de setembro Compostela+Solidaria', un programa de sensibilización que ten por obxectivo dar a coñecer a realidade dos países empobrecidos, o traballo das ONGD galegas e as alternativas solidarias e xustas que dende aquí contribúen a mudar o mundo. E como a transformación social comeza desde o local, dende os barrios, levaranse a cabo máis de 30 actividades de balde, principalmente nos centros socioculturais da cidade.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello porá en marcha a principios de outubro dous pisos para persoas sen teito segundo o modelo "housing first"
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, anunciou hoxe que a principios do mes de outubro estarán operativas dúas das tres vivendas municipais que o Concello cedeu en réxime de precario a FEAFES para a atención das persoas sen teito da cidade.
ALCALDÍA
O alcalde recibe os representantes do SUP
O alcalde recibiu hoxe os representantes do Sindicato Unificado de Policía en Galicia e en Santiago. Foi unha xuntanza a petición do SUP, que quería informar directamente a Martiño Noriega das súas demandas en materia de persoal para a comisaría compostelá. Na reunión participaron o secretario do sindicato en Galicia, Roberto González, o vicesecretario, Abel Lobato; e o secretario do SUP en Santiago, Alberto Martínez.
PATRIMONIO
As cidades Patrimonio da Humanidade poñen en marcha o proxecto "Labirintos Líricos"
O concelleiro Xan Duro participou hoxe en Madrid na presentación dun novo proxecto cultural impulsado polo grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, do que forma parte Santiago. Trátase de Labirintos Líricos, unha proposta que pon en marcha o grupo artístico BoaMistura, e que será unha intervención itinerante polas 15 cidades do grupo.
ALCALDÍA
Encontro en Raxoi cos responsables de Médicos sin Fronteras
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, recibiron o presidente saínte de Médicos sin Fronteras, José Antonio Bastos; o presidente entrante, David Noguera; e a delegada en Galicia, Asturias e León, María Díaz Martínez. No encontro tamén participaron o voceiro popular, Agustín Hernández, e a concelleira socialista Milagros Castro.