ALCALDÍA
Conde Roa atende as demandas dos veciños do barrio de Salgueiriños
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, visitando o barrio de Salgueiriños, atendendo así unha petición veciñal para que analizara sobre o terreo algunhas das súas demandas.
DEPORTES
Santiago de Compostela tamén quere ser un concello activo e saudable
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asistiron á presentación na área de Santiago do Plan Galicia Saudable, impulsado pola Secretaría Xeral Para o Deporte. Esta é unha acción encamiñada a gañar apoios á Declaración de Galicia saudable que promove o Goberno galego e que se presentará publicamente en abril.
CULTURA
Ingolf Wunder, Emanuel Ax e Paul Lewis no Ciclo de Piano Ángel Brage
O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e Maximino Zumalave, director asociado da Real Filharmonía de Galicia e director deste ciclo, presentaron o Ciclo de Piano Ángel Brage, que se inaugura o xoves 8 con Ingolf Wunder. Completan o ciclo Emanuel Ax o sábado 14 de abril e Paul Lewis o venres 11 de maio. Todos os concertos, que están enmarcados no programa de abono do Auditorio de Galicia, son ás 21:00 horas. O ciclo conta co patrocinio do Consorcio de Santiago; Castrosua; Egasa; Televes; a Fundación Araguaney; e de Eduardo...
INFRAESTRUTURAS
O Goberno local trasladará aos servizos xurídicos as anomalías detectadas nos controis de calidade a varias obras
A concelleira de Obras e Infraestruturas, María Castelao, deu conta dos resultados do control de calidade realizado a varias obras de pavimentación realizadas en 2010, que considerou "alarmantes" e reveladores de que "algo se estaba facendo mal". As "irregularidades" detectadas serán trasladadas aos servizos xurídicos do Concello, anunciou.
CULTURA
Suspéndese o concerto de Pablo Milanés previsto para o 24 de marzo no Auditorio
O artista cubano Pablo Milanés vén de cancelar a súa xira española por motivos de saúde imprevistos e urxentes. Así, o concerto programado para o 24 de marzo no Auditorio de Galicia, dentro de Sons 2012, tivo que ser suspendido. A todos aqueles que xa adquirirán as súas entradas, seralle reembolsado do diñeiro coa devolución da entrada.
ALCALDÍA
Reunión do alcalde coa Federación de Asociacións de Veciños do Rural
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse con representantes da Federación de Asociacións de Veciños do Rural de Santiago (Ferusa).
ALCALDÍA
O Concello de Santiago tende pontes empresariais entre Galicia e Sudán
O alcalde compostelán, Xerado Conde Roa, reuniuse en Raxoi cunha delegación da gobernación de Al-Qadarif (Sudán), composta polo ministro de Obras e Infraestruturas, Mohamed Al-Tayeb, e o ministro de Agricultura, Mamoun I. Dawelbeit. Tamén participou o administrador da empresa Espina Obras Hidráulicas, Antonio González Espina.
EDUCACIÓN
Os escolares deseñarán o cartel do 50 aniversario da SD Compostela
A Sociedade Deportiva Compostela cumpre 50 anos e, para celebralo, unha comisión organizadora está a preparar diversas actividades. A primeira delas será un concurso escolar de debuxo, que servirá para elixir a imaxe co cartel conmemorativo desta efeméride.
ALCALDÍA
O Eixo Atlántico impulsa a identificación de iniciativas para sacar ás cidades da crise
Viana do Castelo acolle o 23 de marzo o Foro Pensar as cidades do século XXI, aberto a todas as cidades e sectores profesionais ligados ao desenvolvemento urbano
CULTURA
Joe Lovano en concerto no Jazz in Blue
Este martes 6, segunda cita do ciclo Jazz in Blue logo do concerto de Erik Truffaz. Nesta ocasión, visita a cidade Joe Lovano, que que ofrece un concerto no Auditorio de Galicia ás 21:00 horas. Ademais, desta vez hai unha novidade na programación xa que, despois do concerto, haberá unha jam session no NH Obradoiro (enfrente do Auditorio) co Iago Fernández Cuarteto. O Jazz in Blue péchase con The Bad Plus, que estarán no Teatro Principal o 13 de maio.