CONSORCIO
A Comisión Executiva do Consorcio aproba o encargo á empresa Tragsa da redacción do proxecto e a execución da obra do Centro Loxístico de Mercadorías da Cidade Histórica
A Comisión Executiva do Consorcio de Santiago reuniuse este xoves para aprobar o encargo á empresa Tragsa da redacción do proxecto mais a execución da obra do Centro Loxístico de Provisión e Distribución de Mercadorías da Cidade Histórica por un importe de 4.598.000 euros. Tamén foi aprobado un incremento de orzamento para a obra da cuberta do Palacio de Congresos de Santiago.
IGUALDADE
Santiago celebra o Día Internacional da Muller coa lectura dun manifesto e co fallo do Premio Xohana Torres
O Concello de Santiago conmemorou hoxe o Día Internacional da Muller cun acto institucional no que a concelleira de Igualdade e representantes dos grupos municipais que integran a Corporación deron lectura a un manifesto. Tamén se celebrou a cerimonia na que se deu a coñecer o fallo do premio Xohana Torres, que recaeu na súa modalidade de creación audiovisual en Rosalía Quiroga, polo seu traballo "Mal Olladas".
MEDIO AMBIENTE
Acordo coas asociacións de hostalería no axuste do horario para o sistema de recollida ‘porta a porta’ na cidade histórica
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro; e técnicos municipais mantiveron esta mañá unha xuntanza coas asociacións de hostalería para tratar o sistema de recollida de residuos ‘porta a porta’.
TURISMO
Turismo de Santiago promociona a cidade na principal feira turística de Alemaña
O mercado alemán viviu unha forte recuperación no 2022 en Santiago e superou os 20.000 peregrinos.
SERVIZO DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS
Os Bombeiros de Santiago conmemoran o seu patrón
Os Bombeiros de Santiago honraron un ano máis o seu patrón, San Xoán de Deus, cunha misa e cunha posterior recepción presidida polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, á que tamén asistiu o concelleiro responsable do Servizo de extinción de incendios, Sindo Guinarte.
ACCIÓN CULTURAL
Valle-Inclán recibe un ano máis a súa bufanda vermella
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu este mañá no paseo dos Leóns da Alameda ao acto de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María del Valle-Inclán, organizado pola Fundación Granell, en colaboración co Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal. Tamén asistiron a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e varios membros da Corporación municipal.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas mulleres asasinadas o 27 de febreiro en El Rubio (Sevilla) e o 3 de marzo en Villanueva de Gállego (Zaragoza), vítimas da violencia machista.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Compostela acolle o 30º Encontro Internacional de xestores do programa Erasmus para Mozos Emprendedores en Europa
Este evento, promovido pola Cámara de Comercio de Santiago co apoio de Uninova e do Concello de Santiago, reunirá ao longo do día de hoxe e maña, xestores do programa europeo Erasmus para Mozos Emprendedores procedentes de 38 países. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, aproveitou a ocasión para manter un encontro cos representantes da EISMEA, axencia xestora do programa en Bruxelas, e tamén asistiu á sesión inaugural esta mañá para darlle a benvida aos participantes.
IGUALDADE
O Concello de Santiago homenaxea nove mulleres e colectivos da nosa cidade polo seu labor a prol da igualdade
O programa de actividades con motivo do 8 de marzo arrancou hoxe cun acto organizado polo Concello de Santiago, no que se recoñeceu a contribución de varias mulleres e colectivos que forman parte da historia viva da cidade, a prol da igualdade en diferentes ámbitos. Baixo o lema "Mulleres de Compostela", a Sala Mozart do Auditorio de Galicia, acolleu esta tarde a gala de entrega dos galardóns, que foi conducido pola xornalista Paula Pájaro, e que contou coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, a concelleira de...
ALCALDÍA
O Concello de Santiago presenta alegacións ao proxecto do Ministerio para crear un ramal que conecta a SC-20 co Milladoiro
Logo dunha reunión coa asociación de veciños Porto de Fornelos, coas alegacións búscase presionar para mellorar o proxecto e que incorpore unha modificación na canalización do Rego de Vilar e a creación dunha parada de autobús que, na práctica xa existe, aínda que sen infraestrutura.