EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Apertura do prazo de matrícula nos servizos de comedor e de madrugadores
A Concellaría de Educación e Cidadanía comunica a apertura do prazo de matrícula nos servizos de comedor e de madrugadores na rede de centros públicos de educación infantil e primaria do Concello de Santiago para o curso 2016-2017. O prazo estará aberto do 27 de xuño ao 11 de xullo (ambos os dous incluídos).
NADAL
Os Reis Magos encheron as rúas de Compostela de ilusión e de caramelos
Milleiros de nenos e nenas asistiron un ano máis á chegada dos Reis Magos a Santiago de Compostela. Logo da tradicional Cabalgata polas rúas da cidade, no Pazo de Raxoi, un por un puideron expresarlle ás Súas Maxestades as súas peticións en forma de agasallos.
ALCALDÍA
Ofrenda floral a Valle-Inclán no 79º aniversario do seu pasamento
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu en Boisaca á ofrenda floral a Ramón María del Valle-Inclán con motivo do 79º aniversario do seu pasamento.
ALCALDÍA
Santiago comeza o ano co orzamento de maior gasto social e investimento produtivo da lexislatura aprobado
O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria, aprobou definitivamente o orzamento municipal para 2015, que ascende a 102,6 millóns de euros. Son unhas contas expansivas que presentan o maior nivel de gasto social e investimento produtivo da lexislatura.
CULTURA
A obra ‘Selección natural’ abre a temporada do bono de Teatro Galego e Portugúes
As funcións serán o mércores 7 e o xoves 8 de xaneiro ás 20.30h no Teatro Principal a 10 euros. O bono, que se pode mercar no Principal e no Salón Teatro, permitirá asistir a 5 funcións a escoller por un prezo de 35 euros.
MEDIO AMBIENTE
Actividades do Centro de Interpretación Ambiental de Compostela para xaneiro
Este mes na sala de exposicións temporais do CIAC comeza a exposición "Galicia, Biodiversidade" enmarcada no Ciclo Biodiversidade na Cidade, dentro do cal terá lugar o relatorio:"Morcegos urbanos:uns sorprendentes veciños".
Haberá un obradoiro sobre compostaxe e rematará o mes co roteiro sobre a multifuncionalidade do parque de Belvís.
COMERCIO
Nomeados Embaixadores de San Pedro oito establecementos do barrio
Por seren representativos das boas prácticas comerciais, os representantes serán "Xerarte", "Como pez en el agua", "Librería Pedreira", "El taller de fer", "A balea violeta", "QueroTe", "Émbora" e "Fainoti".
ALCALDIA
O Concello considera a licitación no BOE das obras do acceso ao Polígono do Tambre outra boa noticia para Santiago
O Concello de Santiago valora positivamente a licitación das obras de remodelación do acceso ao Polígono Industrial do Tambre, cuxo anuncio aparece publicado no Boletín Oficial do Estado de hoxe por un importe de 1,6 millóns de euros e un prazo de execución de 12 meses.
FESTAS
Máis de 200 persoas e 7 carrozas acompañarán aos Reis Magos na súa chegada a Compostela
O luns, 5 de xaneiro será o gran día para os máis pequenos. A concelleira de Festas, María Antón, presentou os detalles da Cabalgata deste ano, acompañada polo concelleiro de Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete. Nesta ocasión serán 7 as carrozas que acompañarán ás súas maxestades na chegada a Santiago, unha máis que o ano pasado.