ALCALDÍA E DEPORTES

Visita ás renovadas pistas de pádel de Sar e ao Multiúsos tras a súa reapertura ao público

09/06/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, visitaron este martes as tres pistas de pádel semicubertas de Sar, que onte se puxeron a disposición dos usuarios e usuarias tras ser cambiado o seu céspede artificial. Despois, pasaron polo Multiúsos de Sar, que tamén vén de abrir as súas instalacións de acordo aos protocolos sanitarios e de seguridade marcados para a fase 3 da desescalada.

Leer más

IGUALDADE

A Concellaría de Igualdade colabora un ano máis co Verán CampUSC, que vén de abrir a súa inscrición

09/06/2020

Acaba de abrirse o prazo de inscrición dunha nova edición do Verán CampUSC, que organiza a USC e que un ano máis conta coa colaboración da Concellaría de Igualdade. O programa está dirixido a rapaces e rapazas de 4 a 17 anos, que serán organizados/as en grupos reducidos nos que se fomentarán as actividades ao aire libre baixo estritas medidas de seguridade por mor da COVID-19.

Leer más

EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música presenta nas redes sociais a súa versión de "Libertango", de Astor Piazzolla

09/06/2020

A Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela acaba de subir ás súas redes sociais unha composición que recompila as gravacións individuais que o alumnado da Orquestra da EMM foi enviando ao seu director, Fernando Rey. A peza elixida para este proxecto, "Libertango", de Astor Piazzolla, formaba parte do programa interpretativo previo á pandemia, pero seguiuse traballando sobre ela nestes meses. Este tango é unha aclamación pola liberdade...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O Concello prevé recuperar a normalidade no transporte urbano para o 1 de xullo

08/06/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta en rolda de prensa dos asuntos tratados na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada este luns. Entre os temas abordados figurou a recuperación da totalidade de asentos nos autobuses do servizo de transporte público ou decreto con instrucións relativas á hostalería en relación á fase 3 da desescalada.

Leer más

IGUALDADE

En marcha a convocatoria 2020 de subvencións a programas e actividades en prol da igualdade

07/06/2020

Ata o 20 de xuño está aberto o prazo para presentarse á convocatoria de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, transexual, bisexual, queer e intersexual (LGTBQI), e prevención e loita contra as violencias machistas, durante o ano 2020. Convocada polo Concello de Santiago a través da Concellaría de Igualdade, a convocatoria conta cun orzamento de 30.000 euros, podendo subvencionarse o 100% do gasto presentado, sempre que non supere...

Leer más

COMERCIO

#EuMercoAquí convida a participar enviando vídeos de apoio ao comercio local

06/06/2020

Tras a presentación este mércores ás asociacións de comerciantes de Compostela do vídeo promocional da campaña, o Departamento de Comercio do Concello de Santiago busca seguir ampliando a rede de promoción e colaboradores, convidando a toda a cidadanía a que envíen as súas propostas apoiando e potenciando o comercio local. Nunha campaña na que os verdadeiros protagonistas son os comerciantes, #EuMercoAquí convida a sumarse a comercios e clientes que envíen os seus vídeos e fotos.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Aberto o prazo de presentación de axudas de apoio a actividades culturais para o sector profesional

06/06/2020

Ata o 6 de xullo permanecerá aberto o prazo de presentación de solicitudes para optar ás axudas de apoio a actividades culturais para o sector profesional, convocadas polo Concello de Santiago a través da Concellaría de Acción Cultural. Esta convocatoria de subvencións, ás que se destinan 100.000 euros, ten por obxecto o fomento das actividades culturais organizadas polas persoas e entidades dedicadas profesionalmente á produción de actividades culturais e artísticas durante o ano 2020.

Leer más

ALCALDÍA

O primeiro plan de contratación municipal, por un valor de case 800 millóns de euros, contribuirá á reactivación económica do concello

05/06/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, Marta Abal, presentaron o primeiro Plan de Contratación do Concello de Santiago, que recompila, nun único documento, as previsións contractuais dos distintos servizos municipais. Está cantidade inclúe o valor estimado do contrato, sumando a duración do mesmo e as prórrogas, e sen incluír o IVE. Segundo indicou o rexedor, este plan influirá de xeito positivo na...

Leer más
Compartir: