ALCALDÍA

A Xunta atende as alegacións do Concello de Santiago e aproba o trazado definitivo da Variante de Aradas

12/03/2013

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, avanzou que o venres 15 se publicará no Diario Oficial de Galicia a aprobación do proxecto de trazado definitivo da Variante de Aradas, así como o expediente de información pública desta actuación. Hernández fixo este anuncio durante a visita ás obras de mellora que se están a executar na estrada AC-543 Roxos- Portomouro, na que tamén participou o alcalde compostelán, Ángel Currás.

Leer más

ECONOMÍA

Ábrese o prazo para inscribirse ao curso "Como traballar en equipo e triunfar"

12/03/2013

A Concellería de Economía, dentro do programa Santiago Investors Support para fomentar o tecido empresarial e a cultura emprendedora da cidade, organiza o curso Como traballar en equipo e triunfar, dirixido a persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial de Santiago, persoas desempregadas e estudantes.

Leer más

TURISMO

Os concellos da bisbarra crean un grupo de traballo para incentivar o turismo

11/03/2013

A concelleira de Turismo, Reyes Leis, reuniuse cos concelleiros de Turismo dos municipios da área metropolitana de Santiago. O obxectivo da xuntanza, na que participaron representantes de Ames, Boqueixón, Brión, Oroso, O Pino, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Padrón, A Estrada, Vila de Cruces e Silleda, era a creación dun grupo de traballo para incentivar o turismo.

Leer más

PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúan as rutas didácticas do programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela"

11/03/2013

Para o mércores 13 de marzo está prevista unha nova ruta didáctica do programa Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. Ás 11:00 horas partirá da Porta do Camiño (ao carón da fonte) a ruta "A cerca da cidade II".

Leer más

CULTURA

"Bodas de sangre", de Federico García Lorca, no Teatro Principal

11/03/2013

Tejido Abierto Teatro & TribekaWorld Pproyectos Escénicos presentan Bodas de sangre, de Federico García Lorca. A función para o público en xeral terá lugar o xoves 11 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. Haberá sesións escolares o venres 12 de abril, ás 9:30 e 12:00 horas.

Leer más

ALCALDÍA

Os alcaldes das Cidades Patrimonio de España celebran a súa asemblea en Santiago

11/03/2013

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE), integrado polas trece cidades españolas recoñecidas pola Unesco, celebrará en Santiago de Compostela a súa Comisión Executiva e a Asemblea de Alcaldes do 15 ao 16 de marzo. Paralelamente terán lugar as xornadas Análise da aplicación das novas tecnoloxías á arqueoloxía. A problemática da divulgación, organizadas polo GCPHE, cun día de sesión técnica aberta para o público.

Leer más
Compartir: