XUVENTUDE

A Concellería de Xuventude convoca a segunda edición do Certame SantiAutor

14/01/2015

A concelleira de Xuventude, Maite Cancelo, presentou as bases que rexerán o 2º Certame SantiAutor para artistas noveis, que ten como obxectivo promover, impulsar e canalizar a creatividade musical da mocidade de Compostela e do conxunto de Galicia. A convocatoria vai dirixida a cantautores cunha idade máxima de 35 anos, que poderán inscribirse entre o 19 de xaneiro e o 20 de febreiro de 2015.

Leer más

EDUCACIÓN

Convocado o VIII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

13/01/2015

A Concellería de Educación e Kalandraka convocan o VIII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 9.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O prazo de presentación dos traballos rematará o 6 de marzo de 2015 e o fallo do xurado coñecerase en abril, coincidindo co mes de libro e durante a Campaña Municipal de Animación á Lectura.

Leer más

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

En marcha as obras de humanización de Carreira do Conde, que suporán a mellora da calidade de vida dos habitantes desta zona

12/01/2015

As obras tamén contemplan a valoración da fonte existente como un elemento singular e a redución do costo de mantemento mediante a utilización de materiais pétreos e formas compactas. Tamén se levarán a cabo actuacións de reparación e mantemento das beirarrúas da Avenida de Xoán Carlos I que lindan co Parque da Alameda, nas que se instalará unha nova pavimentación e mellora da accesibilidade.

Leer más

CULTURA

Lola Herrera e Héctor Alterio, por primeira vez xuntos en "En el estanque dorado", coa que se inagura o ciclo de Teatro

12/01/2015

A concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron esta mañá o avance da programación do ciclo de Teatro para xaneiro e febreiro. Lola Herrera, Héctor Alterio, Juan Fernández, Guillermo Barrientos, María Galiana, Juan Echanove, Iñaki Miramón e Toni Acosta, son algúns dos actores e actrices que presentarán os seus traballos na nosa cidade dentro do ciclo. As entradas poden mercarse xa no despacho de billetes do Teatro Principal,...

Leer más

CULTURA

O violinista francés Amaury Coeytaux dará clases a oito músicos galegos na Escola de Altos Estudos Musicais

12/01/2015

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do violinista francés Amaury Coeytaux. Ademais dos alumnos da Escola, hai oito prazas para músicos externos ao centro.

Leer más

EDUCACIÓN

Cheo total na estrea do festival "aXente corrente, Galo Mirindolo", de educación vial

10/01/2015

O Teatro Principal acolleu a presentación do Libro-CD "Axente Corrente, Galo Mirindolo", cunha actuación musical con pezas preparadas a tal efecto por Xoglares na que participou o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a conselleira de Educación, Maite Cancelo, e que rexistrou cheo total. Esta é unha das primeiras actividades coas que se pon en marcha o programa didáctico de educación viaria "aXente Corrente", realizada por Agasalle Contenidos e que conta coa colaboración do Concello de Santiago de...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

En 2014 realizáronse na cidade máis de 200 obras teatrais ás que asistiron 45.000 espectadores

09/01/2015

Do conxunto das obras realizadas no último ano , que chegan ás 302 si contamos tamén as representadas en 2013, 16 fixéronse en colaboración co Instituto Nacional das Artes Escénicas e Musicais a través dun convenio que se volverá solicitar este ano. Así o acordou a Xunta de Goberno local na súa primeira sesión de 2015. O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, informou deste e doutros asuntos en rolda de prensa.

Leer más
Compartir: