ACCIÓN CULTURAL

A actriz María Casares, protagonista en Cineuropa no vixésimo aniversario do seu falecemento

21/11/2016

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e o festival Cineuropa lembrarán a actriz María Casares, falecida o 22 de novembro de 1996, no vixésimo aniversario do seu pasamento, cun ciclo especial: Vinte anos sen María Casares. O ciclo celebrarase no Salón Teatro mañá martes dende ás 16:00 horas e incluíra, entre o martes e o mércores, as proxeccións das películas francesas Le Testament d'Orphée (1960), de Jean Cocteau; Les enfants du paradis...

Leer más

IGUALDADE

O Santiago Futsal implícase na campaña "En negro contra a violencia"

21/11/2016

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e o presidente do Santiago Futsal, Ramón García, deron esta mañá os detalles das accións que o Santiago Futsal levará a cabo no próximo partido "Contra a violencia" no Multiúsos Fontes de Sar, dentro da campaña Compostela en negro.

Leer más

CONSORCIO

Músicos galegos terán a oportunidade de formarse co prestixioso frautista alemán Jürgen Franz

21/11/2016

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. Esta semana contarase coa presenza do afamado frautista alemán Jürgen Franz. Ademais do alumnado da Escola, tamén poden asistir músicos externos ao centro.

Leer más

CONSORCIO

Jonathan Webb estréase como principal director convidado da Real Filharmonía de Galicia

21/11/2016

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos no Auditorio de Galicia. O primeiro será o xoves, ás 20:30 horas. O venres, ás 18:30 horas, parte da actuación repetirase para os máis novos e novas e para as familias, no marco do ciclo Descubre unha orquestra para ti, a túa!, que busca achegar a RFG e a música clásica a novos públicos. Neste caso, as entradas custan 5 euros e cada menor de 14 anos recibirá dúas gratuítas se vai acompañado de dous adultos. En ambas as...

Leer más

ALCALDÍA

Presentada a serie documental en 4K "Cidades Españolas Patrimonio da Humanidade"

21/11/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu no Auditorio de Prado del Rey (Madrid) á presentación de Cidades Españolas Patrimonio da Humanidade, serie documental rodada en 4K HDR. La 2 emitirá a partir de decembro os 15 episodios, cada un deles dedicado a unha das cidades que forman o Grupo. O capítulo de Santiago de Compostela, xa gravado, será un dos primeiros en emitirse.

Leer más

CONVIVENCIA

O Concello reforza os servizos de prevención e limpeza ante as malas previsións meteorolóxicas

18/11/2016

A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia vén de reforzar os servizos de prevención e limpeza ante as previsións meteorolóxicas que apuntan a que unha borrasca deixará fortes chuvias en Compostela durante a fin de semana. Este reforzo abrangue a Viaqua, a empresa concesionaria da xestión da auga; Urbaser, a concesionaria do servizo de limpeza, e ao corpo de Bombeiros.

Leer más
Compartir: