TURISMO

Aberta a oficina de información turística de Santiago con todas as garantías sanitarias

15/06/2020

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, visitou hoxe a oficina de información turística de Santiago, que abriu as súas portas ao público logo de tres meses pechada por mor da COVID-19. Para a apertura segura da oficina dende o punto de vista sanitario, Turismo de Santiago elaborou un Plan de Continxencia propio e adaptou o protocolo definido polo Instituto para la Calidad Turística Española.

Leer más

ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS

O alcalde compra o seu primeiro cupón da ONCE despois da desescalada

15/06/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, mercou hoxe o seu primeiro cupón da ONCE despois da desescalada, no punto de venda situado na praza de Cervantes. Atendeunos a titular do quiosco, Nuria Novás, nun acto simbólico que tiña por obxectivo visualizar o regreso dos traballadores e traballadoras da organización á nova normalidade, e no que tamén estivo presente o director da ONCE en Santiago, José Antonio Riveiro Canosa.

Leer más

ALCALDÍA

Inaugurada a XXXIX Feira do Libro de Santiago

13/06/2020

Dende este sábado e ata o domingo 21 de xuño pódese visitar, na Alameda de Santiago de Compostela, a Feira do Libro, organizada pola Federación de Libreiros de Galicia, e que este ano chega á súa 39 edición, baixo o lema "Non contaxian pero enganchan". Durante a inauguración, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou que unha cidade tan apegada á cultura como é Santiago é o mellor escenario para acoller esta primeira feira do libro que se celebra en España e posiblemente e Europa, que...

Leer más

ALCALDÍA

Visita ás obras de ampliación do Museo do Pobo Galego

12/06/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, visitaron hoxe as obras adecuación da ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval para uso do Museo do Pobo Galego, dirixida polo Consorcio de Santiago. Na visita tamén participou, entre outros, o presidente do Padroado do Museo, Justo Beramendi.

Leer más

FESTAS

Abertas dende o 19 de xuño as reservas para participar en "Prima20", a festa do comercio local

12/06/2020

Do 25 ao 28 de xuño e o 4 de xullo celebrarase nas rúas de Compostela Prima20, a aposta do Concello para reactivar o comercio local e recuperar para a cidadanía as rúas de Santiago na volta á "nova normalidade". Serán cinco xornadas cheas de actividades, para as que haberá que reservar mediante cita previa, co obxecto de controlar aforos e así garantir as distancias de seguridade. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, ofreceron os detalles...

Leer más

CIDADE HISTÓRICA

Concello e Xunta pechan a consulta pública a operadores con tres propostas de despregamento de fibra no casco histórico

12/06/2020

O Concello de Santiago e a Xunta de Galicia veñen de pechar o proceso de consulta aberta a operadores para despregar fibra no conxunto histórico de Santiago coas propostas de R, Telefónica e Orange, operador que vén de solicitar licenza para comezar a despregar este ano. Os detalles desta proposta daranse a coñecer a principios da semana que vén.

Leer más

TURISMO

A oficina de información turística de Santiago abre este luns con todas as garantías sanitarias

12/06/2020

A oficina de información turística de Santiago abrirá o próximo luns, 15 de xuño. Para a apertura segura da oficina dende o punto de vista sanitario, Turismo de Santiago elaborou un Plan de Continxencia propio e adaptou o protocolo definido polo Instituto para la Calidad Turística Española. Durante o tempo que permaneceu pechada, o servizo de información turística atendeu máis de 1.100 consultas a través de correo electrónico, teléfono e chat.

Leer más
Compartir: