FESTAS

O desfile-concurso do Antroido 2015 repartirá 16.000 euros en premios

19/01/2015

A concelleira de Cultura, María Antón, presentou en rolda de prensa as bases do desfile-concurso do Antroido 2015, que terá lugar o martes 17 de febreiro. Ata o día anterior, luns 16 de febreiro, estará aberto o prazo de inscrición nun certame que repartirá 16.000 euros, case 4.000 euros máis que na edición de 2014.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Aprobado o expediente de contratación do servizo de mantemento do sistema semafórico da cidade e do túnel do Hórreo

19/01/2015

A Xunta de Goberno extraordinaria celebrada este 19 de xaneiro aprobou o expediente para a contratación do servizo de conservación e mantemento das instalacións do sistema de control de tráfico e do túnel do Hórreo. O procedemento de adxudicación será aberto e contempla a prestación do servizo por un prazo de dous anos, con posibilidade de prórroga por outros dous exercicios, establecendo un importe de licitación de 575.516 euros/ano.

Leer más

CULTURA

"Anne Sullivan e Helen Keller (A loita pola inclusión social)", de Roberto Cordovani, no Bono de Teatro Galego (e Portugués)

19/01/2015

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e Roberto Cordovani, director da CIA Internacional de Teatro de Repertório Arte Livre, presentaron a estrea en España de Anne Sullivan e Helen Keller (A loita pola inclusión social), que se enmarca dentro da programación do Bono de Teatro Galego (e Portugués). Haberá dúas funcións da obra este martes 20 e o mércores 21 de xaneiro, ambas ás 20:30 horas e no Teatro Principal. Ademais de enmarcarse no Bono poden adquirirse tamén...

Leer más

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

O Concello instala trece novas marquesiñas de parada de autobús na cidade e no rural

16/01/2015

O Concello de Santiago destinou 40.000 euros para a colocación de trece novas marquesiñas, das que dez se instalaron en parroquias do rural. A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, e o concelleiro de apoio desta área, Luis Meijide, visitaron algunha das zonas onde se situaron os equipamentos, que responden ás demandas formuladas por diferentes asociacións veciñais.

Leer más

CULTURA

O Mago Teto presenta "O Afiador" dentro do ciclo Infantil & Familiar

16/01/2015

O Mago Teto ofrece este sábado 17 de xaneiro, no Teatro Principal, o seu novo espectáculo, O Afiador. Será ás 18:30 horas e enmarcado no ciclo Infantil & Familiar. As entradas, cun prezo 5 euros, poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, aberto de 18:00 a 21:00 horas ou en entradas.abanca.com e no 902 434 443. Ademais, existe tamén a posibilidade de mercar unha entrada familiar: catro entradas a 15 euros, o prezo de tres soltas.

Leer más

CULTURA

Carlos López Quartet presenta o seu novo disco, "Letters from Copenhague", dentro do ciclo de concertos Sons’15 Jazz

16/01/2015

O ciclo Sons’15 Jazz, que xa nos ofreceu neste mes de xaneiro concertos de Iago Fernández Sixtet e de Sumrrá, programa este domingo a Carlos López Quartet, que nos presenta o seu novo traballo Letters from København. Será ás 20:00 horas no Teatro Principal e as entradas teñen un prezo de 8 euros anticipada e 10 euros o propio día do concerto. Poden mercarse no despacho de billetes do propio Principal de 18:00 a 21:00 horas, en entradas.abanca.com e no teléfono 902...

Leer más

CULTURA

Cinco novas propostas para o ciclo Blues Nite by 1906 ata o mes de maio

15/01/2015

A concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron os novos concertos do ciclo Blues Nite by 1906 ata o mes de maio. Este ciclo naceu no ano 2013 e nel fanse propostas de diferentes estilos de música, todos arredor do blues e as súas variantes e fusións e, dende setembro de 2014, conta coa colaboración de 1906.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ábrese a mostra fotográfica "Espazos compartidos. Cines e vidas", do programa Compostela Cine Classics

14/01/2015

Unha exposición conformada por 15 fotografías seleccionadas das concorrentes no concurso promovido pola edición deste ano do Compostela Cine Classics, pecha a programación sociocultural deste proxecto, que arrancara en setembro de 2014 e que acolleu ata 36 accións distintas entre proxeccións cinematográficas, faladoiros, obradoiros e exposicións, nas que participaron mais de 2.000 persoas.

Leer más
Compartir: