BENESTAR SOCIAL
Persoas con enfermidade mental e monitores de FEAFES peregrinan para facer máis visible a súa situación
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá na Praza do Obradoiro os peregrinos, que iniciaron o camiño o pasado día 13 cun obxectivo claro: mostrar a imaxe máis positiva do colectivo de persoas con enfermidade mental.
DEPORTES
O Concello homenaxea os supercampións
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, encabezou a recepción institucional que o Concello ofreceu ao club de fútbol sala Lobelle Xacobeo, flamante campión da Supercopa de España.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Compostela acolle o 16 e 17 de setembro o seminario final do proxecto europeo Coidadores familiares, no que se presentarán as conclusións do programa
No encontro, no que se poderán ver as exposicións "Xente de mente" e "Imaxes con Imaxinación" cedidas pola Obra Social Caixa Galicia, a eurodiputada irlandesa Marian Harkin presentará as políticas europeas destinadas ás persoas coidadoras. A Concellaría de Promoción Económica e Emprego participa no proxecto "Cosefamie. Coidadores Familiares" xunto a outras seis entidades de cinco países europeos.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Casa das Asociacións acolle unha exposición e unhas xornadas que buscan estreitar lazos entre Galicia e Venezuela
A concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, inaugurará hoxe ás 19.30 horas na Casa das Asociacións de Cornes, as Xornadas Interculturais Venezuela-Galicia", que se completan coa a exposición "Unha ollada á arte indíxena venezolana".
ALCALDÍA
O Consorcio investiu na restauración da antiga Calzada Real de Sar máis de 700.000 euros
O alcalde compostelán e presidente da entidade interadministrativa presidiu o acto de inauguración da calzada, na que se investiu un total de 740.000 euros.
ALCALDÍA
Unhas 250 persoas de 74 países analizarán en Santiago o papel das peregrinacións como "vía de evanxelización"
Un total de 250 persoas de 74 países dos cinco continentes inscribíronse xa para participar no II Congreso Mundial de Pastoral de Peregrinacións e Santuarios, que acollerá Santiago de Compostela entre os días 27 e 30 de setembro. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou esta mañá na rolda de presentación do devandito congreso.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica repartirá entre cidadanía e visitantes dez mil exemplares do catálogo Volta ao cole, editado en tres idiomas
A publicación recolle 46 propostas de produtos que foron seleccionadas no Concurso de promoción comercial Volta ao cole, destinado a todos os comercios de Compostela, tendo en conta a especialización dos produtos, a relación calidade-prezo, e a novidade e orixinalidade no concepto de embalaxes.
FESTAS
A Quintana acollerá o vindeiro domingo unha romaría de corais na que participarán máis de 20 agrupacións
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou en rolda de prensa a Romaría Coral do Ano Xacobeo, que terá lugar na Praza da Quintana o domingo 19 de setembro, acompañado polo presidente da Federación de Corais de Galicia (FECOGA), Antonio Rey.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello aproba a convocatoria de axudas para a rehabilitación de vivendas en Vista Alegre
A Xunta de Goberno Local deu o visto ás bases reguladoras e á convocatoria de axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas da Área de Rehabilitación Integral (ARI) do Polígono de Vista Alegre. Nesta mesma sesión aprobouse o proxecto de modificación do Regulamento Municipal de Centros e Locais Socioculturais e adxudicouse o servizo de vixilancia das instalacións da UMAD.
ALCALDÍA
Santiago e Santa Fe afianzan a súa colaboración
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu hoxe no seu despacho de Raxoi a Rebecca Wurzburger, tenente de alcalde da cidade de Santa Fé, capital do estado de Novo México, coa que mantivo un breve encontro co obxectivo de estreitar os lazos institucionais entre ambas poboacións.