CULTURA

Disco Las Palmeras! estrea no Compostela Rock "Asfixia", o seu terceiro disco

21/05/2015

Os lucenses Disco Las Palmeras! estrean o seu terceiro disco na Zona C acompañados polos ourensáns Monstruo. Despois de dous discos aplaudidos por crítica e público Disco Las Palmeras! lánzanse á aventura coa súa terceira entrega, Asfixia, que promete ser unha das sensacións do ano. Será este, venres 22, ás 20:30 horas, dentro do ciclo Compostela Rock. As entradas (7 € anticipada e 10 € no dia do concerto) poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h), en

Leer más

CONSORCIO

Alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecerán dous concertos para adultos e nenos hospitalizados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

20/05/2015

Os alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), en Santiago de Compostela, protagonizan varios concertos de música de cámara con fins sociais ao longo do ano. Así, este xoves ofrecerán dúas actuacións no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Ambas citas musicais terán lugar ás 12:00 horas.

Leer más

EDUCACIÓN

A obra de secundaria gañadora do XX Certame de Teatro Intercentros representouse no Principal

19/05/2015

O Teatro Principal acolleu a representación teatral dos alumnos de secundaria gañadora da vixésima edición do Certame de Teatro Intercentros, promovido pola Concellería de Educación en colaboración coa Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística. A obra triunfadora foi O incidente, do grupo Vai no Dentista, integrado por alumnos e alumnas do IES Xelmírez I.

Leer más

CULTURA

Estrea absoluta de "Aire no Ar" no Teatro Principal dentro do ciclo Danza 2015

19/05/2015

María Move e Álvaro Reboredo son os protagonistas de AIREnoAR que se estrea este mércores 20 no Teatro Principal ás 20:30 horas, ofrecendo unha nova función á mesma hora o xoves 21. Coreografiada e dirixida por Rut Balbís, está dentro do ciclo Danza 2015. As entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal de 18:00 a 21:00 horas, así como en entradas.abanca.com ou no 902 434 443. Teñen un prezo de 8 euros e pode aplicárselle o...

Leer más

CONSORCIO

O músico Pascual Martínez-Forteza, clarinete da Orquestra Filharmónica de Nova York, toca esta semana coa Real Filharmonía

19/05/2015

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O xoves 21, a orquestra tocará en Santiago, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. E o venres 22 desprazarase a Lugo, onde actuará no Círculo das Artes ás 20:30 horas. En ambas citas levará a batuta o mestre madrileño Carlos Domínguez-Nieto. Foi director titular da Ópera de Cámara de Múnich e, desde 2009, é director titular do Teatro da Ópera de Eisenach, en Alemaña. Dende a súa fundación en 1997, é...

Leer más
Compartir: