XUNTA DE GOBERNO

O Concello destinará 3 millóns de euros ao paquete de medidas para a reactivación económica da cidade tras a crise sanitaria

06/04/2020

A Xunta de Goberno Local abordou na súa sesión ordinaria deste luns un borrador das medidas que porá en marcha o Concello para a reactivación económica da cidade tras a crise sanitaria do COVID-19. Este mesmo mes de abril activaranse as primeiras accións deste paquete de medidas, destinadas a comerciantes, autónomos e pequenas empresas. O orzamento total para estes programas será duns tres millóns de euros.

Leer más

CONSORCIO

A Escola de Altos Estudos Musicais imparte un curso de Especialización Instrumental dirixido a estudantes de grao medio ou superior

06/04/2020

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, organiza unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental 2020-2021. Esta iniciativa diríxese a estudantes de música de grao medio ou superior que desexen perfeccionarse nalgún destes instrumentos: violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión.

Leer más

FACENDA

Este luns entra en vigor o orzamento xeral do Concello de Santiago, publicado hoxe no BOP

03/04/2020

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe o anuncio de aprobación definitiva do orzamento xeral do Concello de Santiago de Compostela e do cadro de persoal para o exercicio 2020. Son, en total, 116.975.595,33 euros da entidade local; aos que hai que sumar 2.606.277,65 euros do Auditorio de Galicia; e os 3.124.240,35 de Incolsa (Turismo de Santiago); e 3.721.220,76 euros da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, TUSSA. Este orzamento entrará en vigor o próximo luns, día 6 de abril.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O alcalde agarda que se flexibilice a regra de uso do superávit para destinalo tamén á creación de emprego e á recuperación da actividade económica

02/04/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, aproveitou a súa rolda de prensa para dar conta dos asuntos da Xunta de Goberno Local extraordinaria desta mañá para expresar o seu desexo de que o Goberno do Estado flexibilice a regra de utilización do superávit para que este poida ser destinado tamén á creación de emprego e á rexeneración da actividade económica.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Concello convida o tecido empresarial a remitir as súas dúbidas e consultas ao Servizo de Apoio á Empresa

02/04/2020

Dende o inicio da crise sanitaria do Covid-19, a web do CERSIA Empresa está reunindo nun espazo tanto a lexislación que vai saíndo e que afecta á regulación da actividade económica como as medidas de apoio que se van poñendo en marcha. Por iso, o Concello de Santiago convida o tecido empresarial de Compostela a consultar este espazo web, e tamén a...

Leer más
Compartir: