ALCALDÍA
Visita do embaixador de Croacia
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao embaixador de Croacia en Madrid, Filip Vucak.
DEPORTES
Os mellores atletas galegos de cross competirán no Monte do Gozo
O domingo 24 de febreiro, un circuíto no Monte do Gozo acollerá o I Cross de Galicia. Alí daranse cita os mellores atletas galegos da especialidade.
URBANISMO
Visto bo para a ampliación da avenida da Liberdade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu un novo consello de administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo (EMUVISSA) no que, entre outras cuestións, acordouse a ampliación do contrato de execución das obras de urbanización do SUP-6 e do SUNP-22. Deste xeito, e con carácter inmediato, poderá empezar a prolongación da avenida da Liberdade.
EDUCACIÓN
Os alumnos da Escola Municipal de Música participarán na I Mostra do Eixo Atlántico
A Escola Municipal de Música segue a medrar, como o demostra o amplo calendario de actividades para o segundo trimestre do curso. A principal novidade é a participación dos alumnos na I Mostra do Eixo Atlántico.
DEPORTES
Compostela acolle o Campionato Nacional Feminino de Seleccións Autonómicas de Fútbol
Os campos de Santa Isabel e das Cancelas acollerán os días 23 e 24 de febreiro a segunda fase do Campionato Nacional Feminino de Seleccións Autonómicas de Fútbol.
DEPORTES
Santiago volverá a vivir a súa festa do ciclismo en maio
A Fundación Compostela Deporte e o Club Ciclista Compostelano-Muebles Compostela presentaron a vindeira edición da Volta Ciclista da Ascensión, que terá lugar os días 1, 2 e 3 de maio, para as categorías Elite e Sub-23.
EMPREGO
O servizo de atención ao público do Proxecto Crear atendeu case 2.800 consultas en catro meses
O servizo de atención ao público do Proxecto Crear que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, atendeu 2.799 consultas desde o 1 de outubro do 2007 ao 31 de xaneiro do 2008.
EDUCACIÓN E MOBILIDADE
Comezan as actividades do Parque Infantil de Tráfico
O xoves 21 de febreiro comezarán as actividades do Parque Infantil de Tráfico coa participación dos escolares do CEIP López Ferreiro. Ó acto de inauguración está previsto para ás 12:00 horas, coa presenza do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e das concelleiras de Educación, Guadalupe Rodríguez, e de Mobilidade, Marta Álvarez-Santullano.
TURISMO
O Fórum Gastronómico Santiago’08 outorga o premio "Cociña e saúde" ao vasco Eneko Atxa
A receita "Polbo mollado", elaborada por Eneko Atxa, foi merecedora do premio Cociña e saúde, outorgado co fin de recoñecer a receita máis saudable dende a análise nutricional, baseado nos principios da dieta atlántica.
BENESTAR SOCIAL
Benestar Social prestará atención integral ás familias para evitar situacións de risco social
O Concello de Santiago, a través da Concellería de Benestar Social, pon en marcha unha Unidade de Atención ás Familias. Sete profesionais darán así unha resposta integral e diferenciada aos problemas derivados nestes ámbitos, con especial atención á infancia e á adolescencia, xeradoras de máis situación de vulnerabilidade social ou crises.