DEPORTES
Máis de 200 corredores participaron no XI Trofeo de Ciclocross Cidade de Santiago
O mellor do ciclocross galego reuniuse no XI Trofeo de Ciclocross Cidade de Santiago, celebrado na Granxa do Xesto, nas categorías elite, sub-19, master 30, 40 e 50, júnior, cadete, féminas e sénior.
TRÁFICO
Vinte e cinco condenados por delitos viarios reinsírense con formación
Clausurouse o primeiro curso impartido na cidade para substituír as horas de traballo social por un programa educativo. Os 25 alumnos que durante as últimas catro semanas participaron neste curso, destinado a condenados por delitos viarios, non só cumpriron nunha aula a condena de traballos comunitarios que lles impuxo a xustiza, senón que ademais aprenderon a cuestionarse a súa propia conduta ao volante e a comprender o alcance que pode ter unha infracción.
EDUCACIÓN
Remata o prazo de inscrición no programa de conciliación de Nadal organizado por Educación en tres centros escolares
O luns 26 remata o prazo de preinscrición no Programa de conciliación familiar e laboral para este Nadal 2012. A iniciativa comprende un conxunto de actividades, que se desenvolverán nos CEIP Ramón Cabanillas, Pío XII e As Fontiñas, dirixidas aos nenos e nenas de educación Infantil e primaria do municipio de Santiago. As datas de realización son os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e 2, 3, 4 e 7 de xaneiro.
ALCALDÍA
O alcalde participou no acto de entrega do Grelo de Ouro a Vegalsa-Eroski
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu ao acto de entrega do XXVI Grelo de Ouro, celebrado no Paraninfo da USC. A Fundación Amigos de Galicia concedeu o galardón ao director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González Iglesias.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro Sociocultural do Ensanche acolle a Xornada Europea do Emprego 2012
O Centro Sociocultural do Ensanche acolle un ano máis as Xornadas Europeas do Emprego 2012, organizadas por EURES Trasnfronterizo Galicia-Norte de Portugal. A entrada é libre, sen necesidade de ningunha inscrición previa.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Segundo paseo literario organizado polo Concello de Santiago e a Asociación de Escritores en Lingua Galega
O sábado 24, ás 12:00 horas, sairá dende a fachada do Hostal dos Reis Católicos o segundo dos paseos literarios previstos este outono polo Concello de Santiago e a Asociación de Escritores en Lingua Galega.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Continúan as rutas didácticas do programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela"
Segue a desenvolverse o programa educativo de rutas didácticas pola cidade e as parroquias Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. O próximo itinerario, o sábado 24 ten como protagonista a auga.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Normalización Lingüística convida os centros escolares a sumarse ao Club de Debate
Os concelleiros de Normalización Lingüística dos concellos de Santiago, Rebeca Domínguez; de Ames, Eugenia Martín; de Teo, Carme Hermida; e o alcalde de Rois, Ramón Tojo, presentaron en rolda de prensa a fase comarcal do Club de Debate. Iníciase así a segunda edición deste certame, cuxa posta en marcha se concretou nunha addenda ao protocolo de colaboración existente asinada o 16 de novembro polos representantes dos concellos de Ames, Carballo, Cee, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vigo.
MULLER
Nenos e nenas de 20 colexios colgaron 5.300 siluetas na praza do Obradoiro contra a violencia de xénero
Para conmemorar o Día Internacional da Violencia contra as Mulleres, este 25 de novembro, rapazas e rapaces de mais de 20 colexios de Compostela colgaron na praza do Obradoiro 5.300 siluetas. No fondo branco desas siluetas puxeron palabras en positivo como amor, amizade ou cariño e, no fondo negro, palabras negativas que queren desbotar como violencia, opresión ou submisión.
TURISMO
Convocada a XVIII edición do Premio de Investigación Antonio Fraguas
A Asociación do Traxe Galego, coa colaboración do Concello e do Centro Comercial Compostela convoca a XVIII edición do Premio de Investigación Antón Fraguas sobre o Traxe Galego Tradicional. Unha vez máis premiaranse os mellores traballos descritivos e analíticos sobre esta indumentaria.