FESTAS

O Día do Traxe Galego e un serán de hip-hop na xornada do domingo do Apóstolo

25/07/2015

Unha das xornadas xa tradicionais dentro das Festas do Apóstolo é o Día do Traxe Galego, organizado pola Asociación do Traxe Galego e coa colaboración de El Corte Inglés. Celébrase este domingo 26, con actividades ao longo de todo o día no que será a súa XXXVI edición. Ademais, tamén teremos en Vite (no parque Fermín Bouza Brey) o Serán de Hip-Hop a partir das 20:00 h. A xornada pecharase coa Orquestra Players ás 22:30 h na Alameda.

Leer más

FESTAS

Actos institucionais, pasarrúas, exhibición de taekwondo, orquestra e concerto de Sumrrá & Friends no día grande das festas do Apóstolo

24/07/2015

O sábado 25 de xullo celebramos o día grande das festas do Apóstolo 2015 e, como tal, a xornada estará centrada pola mañá nos actos institucionais da Ofrenda ao Apóstolo. Pero tamén temos cita coa troula, xa que a partir das 12.30 h haberá pasarrúas coa Charanga de Cabezudos pola cidade histórica. Xa pola tarde, ás 18:00 h, haberá unha exhibición de taekwondo con campións do mundo deste deporte na praza do Obradoiro e, ás 22:00 h, concerto de Sumrrá & Friends na praza da...

Leer más

FESTAS

As festas do Apóstolo, fieis á súa cita co enxalzamento do traxe galego

23/07/2015

O domingo 26 de xullo e dentro da programación das festas do Apóstolo, celébrase a XXXVI edición do Certame do Traxe Galego. Esta tradicional cita foi presentada en rolda polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Astray; e o director de comunicación e relacións externas de El Corte Inglés, Pati Blanco.

Leer más

ALCALDÍA

Clausurado o Compostela Summer Program

23/07/2015

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, asistiron en San Martiño Pinario á clausura do curso Compostela Summer Program, que se celebrou do 1 ao 23 de xullo. Participaron 22 estudantes de China, Vietnam, México, Paraguai, Estados Unidos e Israel.

Leer más
Compartir: