TURISMO
O Consello Municipal de Turismo coñeceu o avance do Plan Estratéxico 2017-2022 e os novos produtos de Turismo de Santiago
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presidiu esta mañá no Auditorio de Galicia a sesión ordinaria do Consello Municipal de Turismo, órgano participativo que reúne a representantes da Administración, o sector turístico e diversas entidades da cidade para o diálogo, a participación e o asesoramento da toma de decisións da política turística municipal.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato da muller cuxo corpo foi atopado este luns en El Campillo (Huelva).
OBRAS
Todo listo para o comezo, á volta do Nadal, de obras por máis de 800.000 euros
Á volta do Nadal botarán a andar importantes actuacións que lle afectan a diferentes ámbitos da cidade, e que suporán un investimento total de máis de 800.000 euros. O concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial deu conta hoxe das obras que arrancarán co novo ano, ao tempo que fixo balance do estado de diferentes proxectos que se puxeron en marcha nos últimos meses.
ACCIÓN CULTURAL
En marcha o proxecto "Mutacións Urbanas", que achega a creación artística a colectivos invisibilizados
O proxecto Mutacións Urbanas, que se desenvolve por segundo ano grazas ao apoio do Concello de Santiago e da Deputación da Coruña, iniciará mañá as súas accións de rúa abertas ao público en xeral. A acción impulsada por 7H Cooperativa Cultural entra así nunha nova fase, despois de varias semanas traballando con diferentes colectivos sociais en laboratorios de creación pechados.
ALCALDÍA
O Ministerio para a Transición Ecolóxica reitera a súa aposta pola localización da nova EDAR na Silvouta
O alcalde de Santiago expresou hoxe o agradecemento do Concello ao Ministerio para a Transición Ecolóxica, que na reunión celebrada esta tarde en Madrid reiterou a súa aposta por construír a nova depuradora nos terreos que ocupa a actual EDAR da Silvouta, seguindo a proposta do Goberno compostelán. O Ministerio coincide co Concello en que esta é a mellor opción "porque ten un menor impacto ambiental e un menor custo económico que o proxecto do Souto". Ademais, as dúas administracións entenden que a...
DEPORTE
Os pavillóns de Fontiñas e Monte dos Postes acollen o XII Torneo Solidario de Nadal "Operación Quilo"
O Centro Don Bosco, a Asociación de Deportistas Veteranos de Santiago e o Santiago Futsal poñen en marcha o XII Torno Solidario de Nadal "Operación Quilo", co obxectivo este ano de recadar fondos para o Proxecto Suriya, de axuda a mozos e mozas dos centros xuvenís de Siria, promovido pola Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia e a Confederación de Centros Xuvenís Don Bosco de España. Tamén se recadarán alimentos para as familias de Santiago.
TURISMO
"Capuccino" (Artesana) e "Montadito Tenreira-Arzúa-Ulloa" (A Viaxe) triunfan en Santiago(é)Tapas 2018
A Sala Malatesta acolleu a festa de entrega de premios da undécima edición de Santiago(é)tapas, concurso de tapas compostelás organizado conxuntamente por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela.
ALCALDÍA
Os Premios Manuel Beiras recoñecen a Leite Noso, Construcións Alvite González e a Evaristo Rodríguez Carracedo
As empresas Leite Noso e Construcións Alvite González e o que fora vicepresidente da Cámara de Comercio Evaristo Rodríguez Carracedo recibiron na noite deste luns os Premios Manuel Beiras, na súa XIX edición. Previamente, pola mañá, os nomes das empresas e persoas galardoadas foran anunciadas en rolda de prensa o alcalde, Martiño Noriega, e o vogal da Cámara de Comercio, Xavier Freire.
CONSORCIO
O Consorcio presenta o proxecto de ampliación do Museo do Pobo Galego para acoller un novo espazo dedicado a exposicións
O proxecto da obra de ampliación do Museo do Pobo Galego, que dirixirá o Consorcio de Santiago, presentouse esta mañá na Biblioteca Baltar do propio Museo. No acto, ao que asistiron membros do Consello de Administración do Consorcio, interviron representantes das tres Administracións consorciadas: Pilar Paneque, subsecretaria do Ministerio de Facenda; o conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Román Rodríguez; o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; xunto ao presidente do Padroado...
TURISMO
Santiago(é)tapas desvelará este martes as tapas gañadoras nunha festa de entrega de premios
Tras a gran final, con 10 tapas finalistas, celebrada do 7 ao 9 de decembro, mañá martes serán desvelados os premios da undécima edición do certame Santiago(é)tapas, nunha festa que terá lugar na Sala Malatesta ás 20:30 horas.