CENTROS SOCIOCULTURAIS
Entréganse os premios de poesía e relato convocados pola Rede de Centros Socioculturais
Yolanda López e Antón Labranha foron os gañadores dos premios "Aurelio Aguirre" e "José Saramago", respectivamente, dotados con 300 euros cada un.
REHABILITACIÓN E CASCO HISTÓRICO
Santiago será modelo de rehabilitación urbana en Buenos Aires
Representantes municipais acompañarán ao presidente da Xunta para amosar a transformación da cidade nos últimos vinte anos.
ALCALDÍA
O alcalde compostelán asiste ao VII Congreso de Unións Agrarias
Baixo o lema "Pola dignificación do noso traballo. Prezos para os nosos produtos", inaugurábase o venres 10 de marzo o VII Congreso de Unións Agrarias.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Programa de educación afectivo-sexual para mozos composteláns
O Departamento de Educación e Mocidade do concello de Santiago de Compostela ven promovendo dende hai anos un programa de educación afectivo-sexual dirixido aos mozos e mozas de Santiago coa intención de instaurar estes contidos no sistema educativo de xeito integral. Para a posta en marcha deste programa cóntase coa colaboración de Xeneme- Intervención Social.
MULLER
Os tres mil euros do Xohana Torres destinaranse á formación das reclusas de Teixeiro
A Casa do Concello celebrou o 8 de marzo o Día Internacional da Muller cunha recepción aos colectivos composteláns que traballan a prol da muller.
TURISMO
Curtocircuíto´06 convertirá Compostela nunha cidade de cine
A Santiago de Compostela Film Commission deu a coñecer onte o programa de CURTOCIRCUÍTO’06, o festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, que celebra este ano a súa terceira edición, acugulada de novidades.
CONSORCIO DA CIDADE
Un ciclo de conferencias traerá a Santiago a varios premios Nobel de Ciencias
Baixo o lema "Conciencia", o Consorcio de Santiago de Compostela vén de deseñar unha programación estable de divulgación científica que traerá ata Santiago a varios científicos do máximo nivel, expertos en diversas disciplinas, entre eles varios Premios Nobel. O ciclo comeza os vindeiros días 16 e 17 de marzo coas intervencións do físico suízo Heinrich Rohrer, Premio Nobel de Física en 1986.
MEDIO AMBIENTE
O Concello asina un convenio de colaboración con SOGAMA
A reparación do vial de acceso e a construcción dunha aula medioambiental na planta de transferencia de Enfesta son os puntos principais do acordo. Ademais, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel investirá 1.404.687 euros na obra do selado e rexeneración do vertedoiro de Piñor.
REAL FILHARMONÍA
Concerto monográfico do compositor Robert Schumann
A Real Filharmonía de Galicia, auspiciada polo Consorcio de Santiago, e dirixida polo mestre titular Antoni Ros Marbà, interpretará as obras de Robert Schumann, Manfred, op. 115 (Obertura); Concerto para violoncello en la menor, op. 129 e a Sinfonía nº 3 en Mib maior, op. 97 "Renana" .
TURISMO
Compostela presenta en Berlín e París as súas novidades turísticas
Turismo de Santiago participa entre o 8 e 12 de marzo na maior convocatoria europea de turismo, a Internationale Tourismus Börse (ITB) de Berlín, e súmase tamén un ano máis ás actividades do Día de España en París o próximo martes 14.