ALCALDÍA
Sánchez Bugallo demanda a participación activa dos concellos en temas como a educación infantil ou a Lei de Dependencia
Na súa rolda habitual dos venres, o alcalde compostelán expresou a súa satisfacción pola elección do alcalde de Ames, Carlos Fernández, como presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Desexoulle sorte nun momento "que non é especialmente doado" e no que o organismo "debe ter un carácter máis urbano".
CONSORCIO
O "Compostela Organum Festival" remata co concerto de Joao Vaz e a Capella Patriarchal
O domingo 25 de novembro remata na Igrexa de San Miguel dos Agros o ciclo de outono do "Compostela Organum Festival" co concerto de Joao Vaz, que interpretará pezas de Frei Diogo da Conceiçao, Antonio Carreira, Carlos Seixas, Francisco Antonio de Almeida, Frei Jacinto do Sacramento e Frei José Marqués da Silva.
MULLER
Os homes, chamados a non ser cómplices da violencia de xénero
Con motivo da celebración, o domingo 25 de novembro, do Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres, a Concellaría da Muller preparou unha serie de actos para conmemorar esta data. Un deles foi un acto de sensibilización na sede da empresa Castrosúa, na que se invitou aos traballadores da mesma a concienciarse sobre esta lacra.
ALCALDÍA
O alcalde resalta a vitalidade do tecido industrial como síntoma de fortaleza da cidade
O principal polo industrial da cidade, o Polígono do Tambre, segue a medrar. Ademais dos novos solos industriais da Costa Vella e de Formarís, que seguirán dando continuidade física a este polígono, novas empresas continúan escollendo Santiago coma punto estratéxico. É o caso de Inturasa, Perez Rumbao, que vén de inaugurar novas instalacións nun acto presidido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.
DEPORTES
Deporte para todos grazas ás campañas municipais para a temporada 2007/2008
O concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, presentou as Campañas Deportivas de Promoción Municipal para a temporada 2007/2008. Trátase de cinco campañas que permitirán a práctica deportiva das seguintes disciplinas deportivas: fútbol, fútbol sala, baloncesto, atletismo e loita.
CULTURA
Máis de 15.000 persoas asistiron xa a Cineuropa
Cineuropa segue a súa andaina con enorme éxito de público. Máis de 15.000 persoas puideron xa gozar do mellor cine nas catro salas nas que se desenvolve o festival: o Teatro Principal, o Salón Teatro, o CGAC e a Aula Sociocultural de Caixa Galicia.
TURISMO
Aeroliñas e xestores de aeroportos debaten as súas estratexias en Santiago
Compostela acollerá, do 13 ao 14 de decembro, as III Xornadas de Aeroportos Rexionais. O encontro reunirá a xestores de aeroportos e directivos das principais compañías aéreas do país.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo aposta por un municipalismo pragmático e de consenso
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou na VII Asemblea Xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), celebrada no Pazo de Congresos. O encontro serve para elixir os novos órganos de dirección do organismo.
TURISMO
Última oportunidade para aprender a cociñar cogomelos cos mellores mestres
O 24 e o 25 de novembro, os afeccionados á gastronomía teñen a última oportunidade de aprender a cociñar cogomelos con "Santiago de Compostela. Repetirá". Miguel Silvarredonda e Jaume García pecharán os obradoiros de cociña sobre este produto que se veñen desenvolvendo durante todo o mes, antes de dar paso ao polbo.
ALCALDÍA
Unha mente marabillosa no Libro de Honra da Cidade
O premio Nobel de Economía John Forbes Nash está en Compostela para participar no Programa "ConCiencia", organizado polo Consorcio e a Universidade. Dentro dos actos que tiña previstos, o prestixioso matemático pasou pola Casa do Concello, onde foi recibido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Alí asinou no Libro de Ouro da Cidade.