CONSORCIO

Belén Hernández, nomeada nova xerente do Consorcio de Santiago

22/12/2014

O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá Comisión Executiva e Consello de Administración, ambas xuntanzas presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo, Agustín Hernández. Entre os temas abordados na orde do día, nomeouse a Belén Hernández como nova xerente do Consorcio de Santiago.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde agradece aos traballadores xubilados o seu traballo en prol da cidade

22/12/2014

Chegadas as datas do Nadal e de final do ano, os traballadores municipais xubilados durante o exercicio son recibidos en Raxoi. Así aconteceu un ano máis nun acto celebrado no salón nobre, no que o alcalde e outros membros da Corporación lles entregaron unha placa en recoñecemento ao seu labor durante anos no Concello de Santiago.

Leer más

ALCALDÍA

Santiago contará nun prazo de seis meses cun Plan Director dos parques e xardíns da cidade

22/12/2014

O alcalde de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, ven de anunciar hoxe que o Concello, a través do actual contrato de mantemento das zonas verdes, iniciará a redacción dun Plan director dos parques e xardíns de Santiago, que conta cun investimento para a súa redacción de 144.085 euros. O traballo será realizado por un dos arquitectos e paisaxistas de maior prestixio do no país, Iñaki Alday.

Leer más

ALCALDÍA

Achega de 200.0000 euros da Deputación para a reforma do campo de fútbol de Conxo

21/12/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, mailo presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, veñen de asinar estes días en Santiago dous convenios de colaboración que permitirán o investimento de 440.000 euros no municipio.

Un deles ten como finalidade o arranxo integral do campo de fútbol de Conxo, actuación cun orzamento total de 367.000 euros, dos cales 200.000 serán aportados pola institución provincial.

Segundo o proxecto, a actuación recolle a reforma do campo de...

Leer más

ALCALDÍA

Maite Cancelo toma posesión como concelleira da Corporación

19/12/2014

No pleno extraordinario celebrado esta mañá, tomou posesión a nova concelleira da Corporación, que se incorpora ao grupo de goberno, Maite Cancelo. Con esta incorporacións realízanse uns pequenos axustes nas áreas de goberno que deu a coñecer o alcalde.

Leer más
Compartir: