DEPORTES

Xornada familiar dedicada á bicicleta na terceira edición do "Decabike"

15/05/2013

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e a directora do centro Decathlon en Santiago, Isabel Rodríguez, presentaron a terceira edición do Decabike. O día da bicicleta de Decathlon, que se celebrará o domingo 19 de maio. Pequenos e maiores están convidados a participar nunha marcha en bicicleta pola cidade, acompañada doutras moitas actividades paralelas.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Os balcóns da cidade histórica lucirán 500 xardineiras de xeranios

15/05/2013

A concelleira de Urbanismo e Medio Ambiente, María Pardo, deu conta da posta en marcha dunha iniciativa da empresa concesionaria do mantemento das zonas verdes da cidade, Cespa, pola que se colocarán 500 xardineiras con flores nos balcóns das rúas e prazas da cidade histórica.

Leer más

COMERCIO

Os Premios do Comercio Compostelán xa teñen gañadores nas súas seis categorías

15/05/2013

Reuniuse en Raxoi o xurado dos Premios do Comercio Compostelán, composto por representantes do Concello, as asociacións comerciais, a Cámara de Comercio, e a Asociación de Consumidores, que foron os encargados de seleccionar os gañadores nas categorías de: Comercio Emprende, Comercio Innovación, Comercio Activo e Comercio Veterano. Os gañadores de Comercio de Barrio e Comercio Agarimo elixíronse por votación popular a través de Internet.

Leer más

TURISMO

Turismo de Santiago colabora con Turkish Airlines na inauguración da conexión Santiago – Estambul

15/05/2013

Turismo de Santiago colabora con Turkish Airlines na organización das actividades coas que a compañía turca inaugurará a nova conexión Santiago Estambul, que comezará a operar o vindeiro 21 de maio con tres frecuencias semanais, martes, venres e domingo. Esta conexión permitirá achegar os principais mercados asiáticos á cidade e a Galicia, grazas ao hub de Turkish Airlines en Estambul.

Leer más

TURISMO

Todo listo para a chegada a Compostela de Darth Vader e as trompas imperiais

14/05/2013

A concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentou o vídeo promocional da segunda edición do desfile Imperial Stormtroopers, que terá lugar o sábado 25 de maio. En torno a 350 persoas caracterizadas como personaxes de Star Wars participarán neste percorrido polas rúas do Caso Histórico. Desta vez homenaxearase o 30 aniversario da estrea do filme O retorno do Jedi.

Leer más

DEPORTES

O Circuíto CorreSan incorpora unha nova carreira saudable na súa segunda edición

14/05/2013

Tras o éxito da primeira edición, volven as carreiras do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan. Desta vez serán cinco as probas a pé organizadas pola Federación Galega de Atletismo coa colaboración da Concellería de Deportes, co obxectivo prioritario de concienciar a grandes e pequenos sobre os beneficios dunha actividade física regular.

Leer más

FACENDA

O Goberno municipal estuda a baixada do recibo do IBI para o exercicio 2014

14/05/2013

A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, afirmou o compromiso municipal de "conxelar o baixar" os impostos municipais en 2014. En concreto, dixo, estase a estudar a baixada do tipo impositivo do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para o exercicio 2014, o que permitiría unha redución do recibo a pagar polos composteláns.

Leer más
Compartir: