ALCALDÍA
Un Nobel máis no Libro de Honra do Concello
O Programa ConCiencia, organizado polo Consorcio e a Universidade de Santiago, segue a traer á cidade aos máis recoñecidos científicos. Desta volta é a vez do Premio Nobel de Física en 1980, James Cronin, quen tamén deixou a súa sinatura no Libro de Honra do Concello.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago e a Fundación Laboral da Construción poñen en marcha o I Concurso "Canteiros no Obradoiro"
No marco das iniciativas encamiñadas á difusión e revalorización dos oficios relacionados coa rehabilitación, o Consorcio de Santiago e a Fundación Laboral da Construccón convocan o primeiro concurso Canteiros no Obradoiro, que terá lugar o 26 de xullo na praza do Obradoiro.
ALCALDÍA
O alcalde reúnese con AENA e co Aeroclub para negociar os termos do desaloxo
Na reunión que mantivo o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, en Madrid co presidente de AENA, Juan Ignacio Lema, e co presidente do Aeroclub, Juan Cuevas, acordouse que a entidade compostelá pon de inmediato a disposición de AENA os terreos, que actualmente ocupa, para proceder ao inicio das obras da nova terminal, novos aparcamentos e accesos aeroportuarios.