CULTURA

A Banda Municipal celebra o Día da Muller Traballadora cun concerto especial

02/03/2012

Un ano máis, a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela súmase á celebración do Día da Muller Traballadora. Faino cun concerto especial no que a solista convidada será a clarinetista Amelia Ónega Otero. Será o domingo 4 de marzo, a partir das 12:00 horas, no Teatro Principal, con entrada de balde. Este concerto, ademais de estar dedicado ao Día da Muller Traballadora, está incluído dentro do exitoso ciclo de Novos Intérpretes Galegos.

Leer más

CULTURA

"Zoo", unha comedia de Yllana no Principal

02/03/2012

O domingo 4, Yllana montará o seu Zoo no Teatro Principal e os composteláns poderán velo a partir das 20:00 horas en sesión única. César Maroto, Elena Lombao, Susana Cortés e Rubén Hernández garanten risas e unha boa tarde. As entradas, a 12 € (8 € no anfiteatro) poden mercarse en Novagaliciabanco ou nas billeteiras do Teatro Principal de 18:00 a 21:00 horas.

Leer más

CULTURA

A compañía A Xente das Palabras presenta o concerto familiar "A Berenguela"

02/03/2012

A compañía A Xente das Palabras presenta o sábado 3 o concerto familiar A Berenguela, unha opereta para voz narrada e cuarteto de clarinetes sobre un texto de Manuel María. Será no Teatro Principal a partir das 19:30 horas, cunha duración de 50 minutos. A obra está recomendada para cativos e cativas de entre 4 e 10 anos. As entradas, a un prezo de 6 euros adulto e 3 euros nenos, pódense mercar na billeteira do Teatro Principal de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas.

Leer más

EMPREGO

Unha xornada amosará as posibilidades da eficiencia enerxética como nicho de emprego

01/03/2012

A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, presentou a xornada técnica Xestión enerxética como nicho de emprego, que se desenvolverá no edificio do Cersia o luns 5 de marzo. O evento coincide coa celebración nesa xornada do Día Mundial da Eficiencia Enerxética e xa conta con 94 inscritos. Colaboran co Concello na organización o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia e European Quality Assurance (EQA)

Leer más

ALCALDÍA

A Xunta Local de Seguridade volverá reunirse despois de 25 anos

01/03/2012

O delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, realizou a súa primeira visita institucional ao Concello de Santiago, onde foi recibido polo alcalde, Xerardo Conde Roa. Tras este encontro inicial anunciaron a convocatoria da Xunta Local de Seguridade, que se reunirá en Raxoi o luns 12 de marzo.

Leer más

CONSORCIO

Presentado o libro "Santiago monumental. Apuntes de Segundo Hevia"

01/03/2012

O Consorcio de Santiago presentou o libro Santiago monumental. Apuntes de Segunda Hevia, coeditado con Teófilo Edicións . Nesta nova publicación recóllense algo máis de 100 debuxos de Segundo Hevia, apuntes do natural que logo foron empregados para realizar as súas coñecidas acuarelas sobre Santiago.

Leer más
Compartir: