CONSORCIO
O Consorcio recupera a obra e a memoria do pintor Fenollera
A vida e obra de José Mª Fenollera foi recuperada polo seu neto Alfonso Fernández-Cid nun libro editado polo Consorcio de Santiago dentro da Biblioteca de Divulgación Xacobea, en colaboración coa Deputación da Coruña e o Concello de Santiago. Trátase da recuperación vital e artística dun dos pintores máis representativos da sociedade Compostelá de finais do século XIX. O acto de presentación estivo presidido pola alcaldesa en funcións, Mar Martín.
REHABILITACIÓN
A OCiHR inicia unha campaña para informar aos veciños de Compostela sobre os programas de axudas á rehabilitación
Esta mañá a concelleira da Cidade Histórica e Rehabilitación de Santiago, Olga Pedreira, presentou en rolda de prensa o material informativo, que ven de editar o seu departamento, para comunicar as axudas á rehabilitación que se xestionan desde a OCiHR (Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación). Pedreira sinalou que "conservar o patrimonio compostelán é un dos retos principais que temos desde a Concellaría de Cidade Histórica e Rehabilitación" e para isto "estamos priorizando o...
ALCALDÍA
A Fiscalía dá traslado á Audiencia Nacional para incoar o expediente sobre a Festa da Liberdade
Despois de que o Concello de Santiago de Compostela puxera en coñecemento da Fiscalía de Santiago a celebración da Festa da Liberdade na Sala Nasa, a Fiscalía considera que as competencias para decidir sobre esta suposta homenaxe a dous terroristas condenados e recentemente postos en liberdade, correspóndenlle á Audiencia Nacional.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello achegará 54.500 euros a máis de 60 asociacións
En total serán 61 as asociacións da cidade que poderán poñer en marcha as súas actividades grazas á colaboración do Concello. 17 delas desenvolven programas dirixidos á xuventude e recibirán 23.382 euros; a cantidade restante será para 44 entidades que traballan no ámbito educativo.
FACENDA
O Concello fai fronte á crise cun investimento de case 50 millóns de euros
Os orzamentos de 2009 aumentan o gasto en benestar social, emprego e educación e incorporan 16 millóns de euros para novos proxectos
CULTURA
A música e as artes escénicas protagonizan a programación cultural deste mes de decembro
O director-xerente do Auditorio de Galicia, en representación da concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, Paulo Rodríguez, presentou perante os medios de comunicación o programa cultural do mes de decembro en Compostela, no que a música e as artes escénicas acadan especial protagonismo.
EDUCACIÓN
O debuxo dun alumno da Compañía de María álzase co primeiro premio no concurso de Carteis para este Nadal
Roque Piñeiro Viena, do colexio Compañía de María, foi o autor do traballo gañador do Concurso de Carteis e do Programa de Nadal que cada ano organiza a Concellaría de Educación. O seu debuxo será a imaxe do cartel do Concello nestas datas, mentres que os traballos clasificados en segundo e terceiro lugar e os accésit ilustrarán o programas coas actividades preparadas para estas festas.
XUNTA DE GOBERNO
O Consorcio encargarase da reurbanización da rúa do Home Santo
A proposta da Alcaldía do Concello, a Xunta de Goberno aprobou hoxe encomendar ao Consorcio a xestión da primeira fase da reurbanización da rúa do Home Santo, ubicada no entorno do barrio de San Pedro. Será tamén a entidade interadministrativa quen redacte a segunda fase desta obra, que actuaría sobre a praza do Home Santo, incluído o soterramento dos centros de transformación e a escalinata de acceso á praza da estación e zona verde adxacente.
CULTURA
Última xornada de Cineuropa 2008 coa celebración da maratón 'Carne'
O Festival Cineuropa organizado pola concellaría de Cultura toca á súa fin na xornada do mércores 3 de decembro coa tradicional maratón, na que se proxectarán ao longo de toda a noite diversos filmes relacionados dun xeito ou outro coa Carne, en todas as súas vertentes. Haberá, como cada ano, chocolate con churros para todos os asistentes ás 6.00h
TURISMO
Constituído o Consello Sectorial de Turismo
O Consello Sectorial de Turismo do Concello de Santiago quedou oficialmente constituído despois de que o seu regulamento se aprobase polo totalidade do pleno do Concello o 26 de xuño e se seguisen todos os trámites administrativos correspondentes. Esta entidade concíbese coma un foro no que todos os axentes vinculados co sector poidan dialogar, colaborar e asesorar na política turística municipal.